O silencio redimido

obra literaria de Silvio Santiago

O silencio redimido é unha novela en lingua galega de Silvio Santiago, publicada por Editorial Galaxia en 1976. Acadou o Premio da Crítica de narrativa galega en 1977.

O silencio redimido
Título orixinalO silencio redimido
Autor/aSilvio Santiago
Lingualingua galega
Tema(s)guerra civil española
Data de pub.1976
Premios
Na rede
BNE: XX5988134
editar datos en Wikidata ]

Sinopse

editar

A obra está inspirada na peripecia vital do propio Silvio Santiago na guerra civil española,[1] se ben os nomes das persoas e dos lugares están cambiados. A novela estrutúrase en dúas partes, cunha introdución titulada "Noticia" e un epílogo titulado "Reencontro co lector".

Na introdución, asinada en Bogotá en 1961, o narrador en primeira persoa explica que coñeceu o protagonista do relato en Colombia en 1945, nun tren de Ibagué a Bogotá. A "Noticia" inclúe unha carta que o protagonista lle escribe ao narrador en 1946, explicándolle que o seu nome Carlos Aranda, é un nome falso que tomou para poder exiliarse. Ademais, a carta inclúe o relato autobiográfico que conforma a propia novela.

A primeira parte relata a evasión por Portugal a América, do 2 de marzo ao 14 de abril de 1937. Explícase o modo de chegar a Lisboa, vía o Porto, e conseguir documentación falsa para facerse pasar por cidadán cubano. A segunda parte relata o tempo en que estivo fuxido, detido e no cárcere de Ourense, desde o golpe de Estado de 1936 até o 2 de marzo de 1937. Aparece citado o seu irmán Jacinto Santiago (chamado Eloi na novela).

Edicións

editar

A censura impediu a publicación da obra, que non puido saír á luz ata dous anos despois da morte do seu autor.[2]

  1. Carvalho Calero, Ricardo (1977). "O silencio redimido, por Silvio Santiago". Grial (58): 499–502. 
  2. Alonso Nogueira, Alejandro (2017). "Os silencios de O silencio redimido". Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal (6): 135–159. ISSN 2014-8526. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar