Silvio Santiago

escritor galego

Silvio Santiago García, nado en Vilardevós o 18 de outubro de 1903 e finado no mesmo concello o 12 de setembro de 1974, foi un escritor galego.

Modelo:BiografíaSilvio Santiago
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Vilardevós, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1974 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Vilardevós, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsJacinto Santiago Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1111529 BUSC: santiago-silvio-1903-1974

Traxectoria

editar

Instalouse na Coruña como traballador do comercio. En 1933 aprobou os exames para secretarios xudiciais.[1] Participou na fundación do Partido Sindicalista na Coruña en 1934 e colaborou en Trabajo. Interveu na campaña do Referendo de autonomía de Galicia de 1936.[2] Ao chegar a guerra civil de 1936, no transcurso da cal foi asasinado o seu irmán Xacinto, pasou seis meses no cárcere. Despois fuxiu a Portugal (1937) e de alí marchou a Cuba e posteriormente a Venezuela, onde residiu unha gran parte da súa vida.

Traballou no periódico El Nacional,[3] creou o Centro Galego de Caracas e dirixiu a Casa Galicia, o Lar Gallego, un programa radiofónico (Hora de Galicia) e varias revistas, como por exemplo Galicia, na que tratou de mostrar o seu ideal de comuñón galaico-venezolano. Nesta revista comezou a carreira literaria en 1952. Foi un dos promotores do volume Homaxe da Galicia Universal, dedicado a Ramón Otero Pedrayo.

En 1958 regresou de Venezuela e pasou a residir en Vilaboa (Culleredo), con tempadas na súa vila natal. Cando xa estaba a piques de cumprir os sesenta anos, en 1961, revelouse como escritor coa publicación de Vilardevós, un libro que de seguida se converteu nun clásico da narrativa galega. Faleceu en Vilardevós o 12 de setembro de 1974.[4]

 
Vilardevós na BBdCG.

Recoñecementos

editar

Premio da Crítica 1977 por O silencio redimido.[5]

Vida persoal

editar

Casou con Joaquina Julia Conde San Martín e foi pai de Silvia Santiago Conde.[6]

  1. El Ideal Gallego, 16-5-1933, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 30-6-1936, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 12-1-1944, p. 2.
  4. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-9-1974, p. 41.
  5. "Silvio Santiago y Méndez Ferrín, premios de la crítica", La Voz de Galicia, 27-3-1977, p. 26.
  6. La Región, 14-9-1955, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar