Galicia (Centro Gallego de Caracas)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Galicia foi unha revista editada en Caracas polo Centro Gallego de Caracas entre 1952 e 1954.
Galicia |
---|
Historia e características editar
Subtitulada Revista del Centro Gallego, apareceu o 25 de xullo de 1952. O seu director era Antonio Somoza Outeiral, aínda que a partir do número 3 aparece como tal Eduardo Blanco Amor, e o administrador José María Mosqueira Manso. Como redactores figuran Silvio Santiago e Carlos Herrero Alonso. Entre os colaboradores están Francisco Fernández del Riego, Saturio C. Caramés, Manuel Daniel Varela Buxán, Alberto Vilanova, Ricardo Carballo Calero, Ángel Romero Cerdeiriña, Enrique Iglesias Vilouta, Ramón Otero Pedrayo, Vázquez da Xesta. O último número coñecido é o 9, correspondente a xaneiro-febreiro de 1954.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 261. ISBN 84-87172-30-X.
Ligazóns externas editar
- Galicia (Revista del Centro gallego) (Caracas, 1952-1954) realizada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP)