Jacinto Santiago

mestre, xornalista e político galego
(Redirección desde «Xacinto Santiago»)

Jacinto Eloy Santiago García, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 11 de xuño de 1894 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un mestre, xornalista e político republicano.

Infotaula de personaJacinto Santiago
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1894 Editar o valor em Wikidata
Arzádegos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Vilariño Frío, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsSilvio Santiago Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi mestre da Escola Normal e da Escola de Artes e Oficios de Ourense, onde entrou como profesor de Matemáticas en 1925.

No ano 1919 xa comezara a publicar nos semanarios La República e La Zarpa, do que chegou a ser director, canda Roberto Blanco Torres. Cando reaparece La República en 1930, convértese no seu primeiro director. Tamén colaborou con distintos medios de prensa. Militou no Partido Republicano Radical Socialista,[1] do que foi elixido presidente da executiva de Ourense en xaneiro de 1933.[2]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ourense o 7 de agosto. De aí levárono a Celanova. O 1 de novembro sacárono da prisión para fusilalo en Vilariño Frío (Montederramo), onde finou, non se sabe se a consecuencia dos disparos ou dun ataque ao corazón momentos antes de ser fusilado.

Vida persoal editar

Casou en Sanín (Ribadavia) con Amparo García en 1932.[3]

Notas editar

  1. La Región, 7-10-1932, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 18-1-1933, p. 8.
  3. La Región, 12-4-1932, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tallón, Juan (1998). Jacinto Santiago. Escenario grotesco e exemplar. Madrid: Luis Rivas Villanueva. ISBN. 

Ligazóns externas editar