La República (1919)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La República.
La República foi un periódico editado en Ourense entre 1919 e 1921.
La República (1919) | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Semanario Republicano, apareceu en 1919. Funcionou como voceiro do Centro Obrero de Ourense. Estaba dirixido por Eduardo Barrionuevo Herrán, que exerceu o mesmo cargo en El Parlamentario de Madrid, República de Sevilla e La Federación de Xixón. No número 7 deuse conta da representación organizada co fin de recadar fondos para a construción da Casa del Pueblo. Cesou a súa edición en 1921.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.