O Tellado, San Cosmede de Cusanca, O Irixo

lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo

O Tellado é un lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo, na comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2017 tiña dezasete habitantes (nove homes e oito mulleres),[1] dous máis ca en 2015 (7 homes e 8 mulleres), catro menos ca en 2009 (10 homes e 9 mulleres) e oito menos ca en 1999.

O Tellado

Capela de santo Antón
ParroquiaSan Cosmede de Cusanca
ConcelloO Irixo
Coordenadas42°31′57″N 8°06′18″O / 42.5325, -8.105
Poboación17 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]


Vista da aldea.

Neste lugar celebrábase a feira do Tellado os dúas 2 e 17 de cada mes, nunha carballeira próxima. O camiño de arrieiros pasaba preto, cruzando o río Viñao na ponte das Campinas, na parroquia de Santa María do Campo. Polo Tellado pasaba unha desviación do camiño cara a Dozón. No campo da feira, amais de pendellos para dar servizo aos feirantes, había unha capela adicada a santo Antón.[2] En 2014 construíuse un viaduto a carón da aldea, polo que discorre a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Do outro lado do río Viñao está a aldea do Tellado, da parroquia de Campo.

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – O Irixo – San Cosmede de Cusanca" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2013. 
  2. "Feira do Tellado (O Irixo)", post no blog Aqueam Latam, 27 de abril de 2017.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Cosmede de Cusanca

editar
Lugares da parroquia de San Cosmede de Cusanca no concello do Irixo (Ourense)

Barro | O Barrocal | O Castro | Chelos | A Costa | O Coto | Cusanca | A Eirexa | Fabeiros | Filgueira | A Fraga | Lagorzos | O Outeiro de Abaixo | O Outeiro de Arriba | Pedrouzo | O Río | Segade | Sueirexa | Surribas | O Tellado | Vixide | Zacarade

Parroquias do Irixo

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Irixo

Campo (Santa María) | Cangues (Santo Estevo) | A Cidá (Santa Mariña) | Corneda (Santiago) | Dadín (San Pedro) | Espiñeira (San Pedro) | Froufe (San Xoán) | Loureiro (Santa Mariña) | Parada de Labiote (San Xulián) | Reádigos (Santa Baia) | O Regueiro (San Pedro) | San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)