O Igrexario, Valongo, Cerdedo-Cotobade
lugar da parroquia de Valongo, no concello de Cerdedo-Cotobade
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Igrexario.
O Igrexario é un lugar da parroquia de Valongo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 23 habitantes (doce homes e once mulleres), os mesmos que no ano 2006.
O Igrexario | |
---|---|
Igrexa de Santo André de Valongo. | |
Parroquia | Valongo |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°26′14″N 8°27′11″O / 42.43725, -8.4530277777778 |
Poboación | 23 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar está a igrexa parroquial, de mediados do século XIX, e a casa reitoral, feita con pedras do antigo pazo de Ceraxe. No adro da igrexa están o cruceiro do Igrexario e o peto de ánimas do Igrexario.
Lugares e parroquias
editarLugares de Valongo
editarLugares da parroquia de Valongo no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
O Campo da Ferreira | O Campo | A Casanova | A Cerdeiriña | Chielas | O Igrexario | O Outeiro do Forno | As Penizas | O Quinteiro | Rañas | O Regueiro |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
editarNotas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021.