O Castelo, Entenza, Salceda de Caselas

lugar da parroquia de Entenza, no concello de Salceda de Caselas

O Castelo é un lugar da parroquia de Entenza, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas na comarca de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 69 habitantes (38 homes e 31 mulleres). Está situado no centro da parroquia, sendo un dos máis poboados e con máis extensión. Debe o seu nome a que aquí se asentaba o castelo de Entenza.

O Castelo
ParroquiaEntenza
ConcelloSalceda de Caselas
Coordenadas42°05′01″N 8°33′24″O / 42.083593670895, -8.5567652172888
Poboación69 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Ademais dos escasos restos do Castelo que aínda se poden adiviñar entre a vexetación, contra entre o seu patrimonio con varios petróglifos, fontes e incluso unha mina de auga que se di foi un dos pasadizos secretos para entrar no Castelo. A lenda di que por ese pasadizo se atravesaba o río Miño e se chegaba a Portugal.

A primeira noticia que se ten do castelo provén de Prudencio de Sandoval que afirma que en 1140 cando o conde Gómez Muñoz apoderouse dos bens da igrexa de Tui:"et particularmente alçousse con o castelo de Antenza çerca de Tui", polo que o bispo Paio Menéndez se queixou ao rei Afonso VII, que ordenou a súa devolución. Descoñécese que documentación usou para dicir que era un castelo do bispo tudense, porque en documentos posteriores contrastados afírmase que era de señorío laico e reguengo, así no ano 1217 Afonso IX fai constar que súa muller Dona Tareixa tiña os castelos de Entenza, Sobroso, Santa Helena (Nigrán) e Teburia; ata que no ano 1371 llo doou Henrique II de Castela ó bispo de Tui pola súa axuda na primeira guerra civil castelá.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Entenza

editar
Lugares da parroquia de Entenza no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra)

Aldegode | A Arrotea | A Ascensión | O Barreiro | A Basquida | As Cabirtas | Os Carboeiros | A Carrilla | O Castelo | O Cerqueiral | A Corisca | O Cruceiro | Donelle | O Eido de Arriba | A Feira | A Igrexa | Os Muíños | O Outeiro | O Pazo | Pedracarballa | Pegade | A Porteliña | A Rebandeira | A Torre | O Torrón

Parroquias de Salceda de Caselas

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salceda de Caselas

Entenza (Santos Xusto e Pastor) | Parderrubias (San Tomé) | A Picoña (San Martiño) | San Xurxo de Salceda (San Xurxo) | Santa María de Salceda (Santa María) | Santo Estevo de Budiño (Santo Estevo) | Soutelo (San Vicente)


  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Entenza, Salceda de Caselas". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar