A Igrexa, Entenza, Salceda de Caselas

lugar da parroquia de Entenza, no concello de Salceda de Caselas

A Igrexa é un lugar da parroquia de Entenza, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas na comarca de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 35 habitantes (22 homes e 13 mulleres).

A Igrexa
ParroquiaEntenza
ConcelloSalceda de Caselas
Coordenadas42°04′47″N 8°33′39″O / 42.079660909438, -8.5607123236223
Poboación35 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

A orixe do topónimo é o latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa,[3] debido a que aquí se sitúa o templo dos Santos Xusto e Pastor.

Patrimonio

editar

Ademais da igrexa parroquial, na aldea hai unha casa señorial, dous cruceiros e varios petos de ánimas ademais da abadía que pertence ao bispado. O 6 de agosto celébranse as festas patronais da parroquia.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Entenza

editar
Lugares da parroquia de Entenza no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra)

Aldegode | A Arrotea | A Ascensión | O Barreiro | A Basquida | As Cabirtas | Os Carboeiros | A Carrilla | O Castelo | O Cerqueiral | A Corisca | O Cruceiro | Donelle | O Eido de Arriba | A Feira | A Igrexa | Os Muíños | O Outeiro | O Pazo | Pedracarballa | Pegade | A Porteliña | A Rebandeira | A Torre | O Torrón


Parroquias de Salceda de Caselas

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salceda de Caselas

Entenza (Santos Xusto e Pastor) | Parderrubias (San Tomé) | A Picoña (San Martiño) | San Xurxo de Salceda (San Xurxo) | Santa María de Salceda (Santa María) | Santo Estevo de Budiño (Santo Estevo) | Soutelo (San Vicente)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar