O Bouzón, Piñeiro, Tomiño

O Bouzón é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE,[1] en 2013 tiña 144 habitantes (72 homes e 72 mulleres).

O Bouzón
ParroquiaPiñeiro
ConcelloTomiño
Poboación144 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Neste lugar atópanse o centro cultural, a igrexa e a carballeira na que se celebran as festas, na cal hai árbores senlleiras.

EconomíaEditar

Nesta mesma carballeira antigamente celebrábase unha feira de gando todos os domingos, pero ao entrar en decadencia pasou a celebrarse o día dez de cada mes e finalmente só o día que se celebra a festa de San Lourenzo (o 10 de agosto), pola mañá faise esa feira de gando.

No monte do Bouzón hai unha plantación de kiwi que é a máis grande de toda a comarca. Aquí está situado o cemiterio e o campo de fútbol, xa que Piñeiro ten equipo de fútbol propio.

FestasEditar

As festas son no mes de agosto, a de San Lourenzo o día 10 e a do Santo Cristo da Saúde o cuarto fin de semana de citado mes. A festa de San Lourenzo organízana os mozos solteiros do lugar e a do Santo Cristo da Saúde os casados.

No Centro Cultural a A. C. e D. Raíces celebra o Nadal Cultural cun tradicional festival no que se poden ver obras de teatro, bailes... e participan nenos de 4 a 17 anos aproximadamente. En reis os nenos reciben un agasallo dos Reis Magos de Oriente no centro cultural á saída da misa.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de PiñeiroEditar

Lugares da parroquia de Piñeiro no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Bouzada | O Bouzón | Riás | Tabordela

Parroquias de TomiñoEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021.