Nuño Alfonso

relixioso galego
(Redirixido desde "Nuno Afonso")

Munio Afonso, Nuno Afonso, Nuño Adefonsiades ou Nuño Alfonso, segundo as fontes, nado en Santiago de Compostela a finais do século XI e finado ibídem o 6 de xuño de 1136, foi un bispo medieval da Diocese de Mondoñedo, de 1112 a 1136.

Biografía
Nacementos. XI Santiago de Compostela
Pasamento1136
Bispo de Mondoñedo
1112 - 1136

TraxectoriaEditar

Era parente de Diego Xelmírez, que o criou, e que o enviou a Roma canda o papa Pascual II. Sendo cóengo e tesoureiro de Santiago de Compostela, foi o primeiro redactor da Historia compostellana.[1]

Sendo bispo de Mondoñedo, trasladou a sé de San Martiño de Mondoñedo (Foz) a Vilamaior de Brea ou Vallibria, a actual Mondoñedo.[2]

Ao final da súa vida retirouse ao lugar do Sar, onde fundou a igrexa que máis tarde sería a Colexiata de Santa María a Real do Sar.[3]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pedro I
 Bispo de Mondoñedo 
1112 - 1136
Sucesor:
Paio I