Nori (do xaponés: 海苔, nori; en chinés: 海苔, hǎidài; en coreano 김, kim ou gim), é unha especie de folla feita a partir de algas mariñas do xénero Porphyra (Toucas), amplamente utilizada en pratos da cociña xaponesa[1][2]. É xeralmente de cor verdosa ou avermellada, dependendo da especie de alga empregada na fabricación. No Xapón adoita ser de cor verde.

Cultivo de Nori no Xapón
Láminas de nori.
Rolos maki sushi

Historia

editar

A palabra xaponesa nori na súa orixe quería dicir alga. Pero co tempo pasou a designar o produto comestible elaborado con ela. É unha das tres algas máis consumidas como alimento no mundo, xunto coa kombu e a wakame.[3].

Unha das descricións máis antigas do nori aparece no código Taihō, no século VIII. No século X é citada como comida común, no anónimo Utsubo Monogatari (Conto da árbore oca). Neses tempos tomábase en forma de pasta, as follas foron inventadas en Edo (actual Toquio) no período Edo (séculos XVIII a XIX), seguindo o método xaponés de facer papel.

En Occidente comezou o seu consumo no século XX a través dos restaurantes asiáticos, e recibiu un impulso co espallamento mundial da dieta macrobiótica.

Produción xaponesa

editar

No Xapón cultívanse as algas Porphyra para nori desde o século XV, e actualmente a práctica totalidade da produción procede de cultivos mariños. Malia teren unha bioloxía complexa, o ciclo de vida destas algas é actualmente coñecido por completo[4][5], e o seu cultivo é unha forma avanzada de agricultura. Adícanse a esta actividade unhas 35.000 persoas, principalmente pequenas familias cooperativistas[5].

Na alimentación

editar
Nori
Valor nutricional por 100 g
Enerxía146 kJ (35 kcal)
5.11 g
Fibra alimentaria0.3 g
0.28 g
5.81 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
33%
260 μg
Tiamina (B1)
9%
0.098 mg
Riboflavina (B2)
37%
0.446 mg
Niacina (B3)
10%
1.470 mg
Ácido fólico (B9)
37%
146 μg
Vitamina B12
0%
0.0 μg
Vitamina C
47%
39.0 mg
Vitamina D
0%
0 μg
Vitamina E
7%
1.00 mg
Vitamina K
4%
4.0 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
7%
70 mg
Ferro
14%
1.80 mg
Magnesio
1%
2 mg
Fósforo
8%
58 mg
Potasio
8%
356 mg
Sodio
3%
48 mg
Cinc
11%
1.05 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga85.03 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Úsase como ingrediente ou compaña dos pratos onigiri e suxi, moi populares no país nipón. As láminas de nori son usadas para enrolar arroz e verduras e preparar así os rolos maki (maki sushi). Úsase tamén esfarelado, ou cortado en pequenas tiras para mesturar ou empoar por encima da comida.

É un dos regalos preferidos no aninovo, acadando nesas datas o nº 1 de vendas dos principais supermercados de Toquio.[3]

Observouse que os xaponeses poden dixerir os polisacáridos das algas, algo non normal nos humanos, debido á súa longa historia de consumo de Nori.[6]

O Nori é rico en proteínas, calcio, ferro, vitaminas A, B e C.

  1. Bárbara, I.; Cremades, J. (1993). Guía de las algas del litoral gallego. A Coruña: Concello da Coruña - Casa das Ciencias. (en castelán)
  2. Abbott, Isabella (1986). Algae and human affairs. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-32115-0. 
  3. 3,0 3,1 Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud. Redondela: Algamar. ISBN 84-607-4503-1. (en castelán)
  4. Diagrama do ciclo de vida da Porphyra (en inglés)
  5. 5,0 5,1 Cultivo de Nori no Xapón Arquivado 14 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
  6. Transferencia de enzimas activas cos hidratos de carbono, das bacterias mariñas á microbiota dixestiva dos xaponeses (en inglés)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar