Nona Gaprindashvili

xadrecista xeorxiana

Nona Gaprindashvili (xeorxiano: ნონა გაფრინდაშვილი), nada o 3 de maio de 1941, é unha xadrecista xeorxiana. En 1978 converteuse na primeira muller en ser nomeada Gran Mestra. Foi a quinta campioa mundial feminina (1962-1978).

Infotaula de personaNona Gaprindashvili

(1982) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ka) ნონა გაფრინდაშვილი Editar o valor em Wikidata
3 de maio de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Zugdidi (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXeorxia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaXeorxia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaWoman Master of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1959)
Mestra Internacional Femenina (1961)
Mestre Internacional (1962)
Gran Mestra Feminina (1976)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1978) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.495 (1987)<
Identificador FIDE13600125 Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Women's Chess Olympiad 1992 (en) Traducir
1990Women's Chess Olympiad 1990 (en) Traducir
1986Women's Chess Olympiad 1986 (en) Traducir
1984Women's Chess Olympiad 1984 (en) Traducir
1982Women's Chess Olympiad 1982 (en) Traducir
1980Women's Chess Olympiad 1980 (en) Traducir
1978Women's Chess Olympiad 1978 (en) Traducir
1974Olimpíada de xadrez para mulheres de 1974 (pt) Traducir
1972Women's Chess Olympiad 1972 (en) Traducir
1969Olimpíada de xadrez para mulheres de 1969 (pt) Traducir
1966Olimpíada de xadrez para mulheres de 1966 (pt) Traducir
1963Olimpíada de xadrez para mulheres de 1963 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

En 1961, con 20 anos, Gaprindashvili gañou o IV Torneo de Candidatas e xogou polo título mundial contra a campioa vixente, Elisaveta Bikova. Gañou o partido sen dificultades, cunha puntuación final de 9–2 (+7−0=4). Defendeu o seu título con éxito catro veces máis, tres contra Alla Kushnir en 1965 (10–6), 1969 (12–7) e 1972 (12–11), e unha contra Nana Alexandria en 1975 (9–4). En 1978 perdeu a súa coroa fronte á tamén xeorxiana Maia Chiburdanidze (daquela unha moza de 17 anos), por unha puntuación de 6½–8½ (+2−4=9).

Gaprindashvili xogou co equipo da Unión Soviética nas Olimpíadas Femininas de Xadrez de Split (1963), Oberhausen (1966), Lublin (1969), Skopje (1972), Medellín (1974), Buenos Aires (1978), A Valeta (1980), Lucerna 1982, Tesalónica 1984, Dubai 1986 e Novi Sad 1990. Competiu tamén en Manila 1992, como membro do equipo de Xeorxia.[1] Non participou na edición de Haifa 1976 debido a que a URSS rexeitou competir en Israel por motivos políticos.

Xunto con outras xogadoras, contribuíu a que o equipo da URSS dominase as Olimpíadas Femininas da década de 1980. Gañou 25 medallas, entre elas 11 ouros por equipos e 9 individuais.[2] En Dubai 1986 gañou as dez partidas que xogou.

Gaprindashvili foi campioa soviética feminina en cinco ocasións: 1964, 1973, 1981, 1983 e 1985.

 
Gaprindashvili en 1975

Durante a súa traxectoria, Gaprindashvili tamén competiu en torneos masculinos. Gañou, entre outros, o torneo de xadrez de Hastings en 1963/1964. Empatou no segundo posto en Sandomierz en 1976,[3] no primeiro en Lone Pine en 1977[4] e no segundo en Dortmund en 1978. O seu desempeño en Lone Pine converteuna na primeira muller en gañar unha norma para o título de Gran Mestre Internacional.[5] Malia non conseguir todos os requisitos da norma, en 1978 converteuse na primeira muller en ser nomeada Gran Mestra Internacional.[8]

En 1995 gañou por primeira vez o Mundial Feminino Sénior.[9] É a única Campioa Mundial Feminina que tamén logrou o título Sénior Mundial. Volveuno obter en 2009, 2014, 2015, 2016, 2018 e 2019 (na sección de 65+ dende 2014). Tamén gañou o Europeo Sénior de Xadrez en 2011, 2015, 2016, 2017 e 2018 (na sección de 65+ desde 2014).

En 2005, con 64 anos, Gaprindashvili gañou o torneo BDO, celebrado en Haarlem (Países Baixos), cunha puntuación de 6½/10 e un rendemento de 2510.[10]

En 2021 apareceu no documental Glory to the Queen, xunto con Nana Alexandria, Maia Chiburdanidze e Nana Ioseliani.[11]

Recoñecementos e galardóns editar

Litixio con Netflix editar

En 2020 Gaprindashvili foi mencionada na miniserie The Queen's Gambit. Nesta produción de Netflix afirmouse de xeito incorrecto que nunca competira con homes no xadrez. Gaprindashvili considerou unha «deshonra» que se difundise «información errada».[17] O 16 de setembro de 2021 presentou unha querela de 5 millóns de dólares contra Netflix por difamación.[18] En setembro de 2022 Netflix chegou a un acordo con Gaprindashvili do que non revelaron detalles.[19]

Notas editar

  1. "Women's Chess Olympiads: Nona Gaprindashvili". OlimpBase (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2023. 
  2. Só superada pola súa compatriota Maia Chiburdanidze: 28 medallas (15 individuais e 13 por equipos) en 15 Olímpiadas, entre elas 15 medallas de ouro.
  3. O'Connell, Kevin John, ed. (1977). Batsford's FIDE chess yearbook 1976/7 (en inglés). Londres: B. T. Batsford Ltd. p. 83. ISBN 9780713406757. 
  4. Kashdan, Isaac (xullo de 1977). "Lone Pine 1977". Chess Life (en inglés): 361–364. 
  5. Soltis, Andrew (2014). Soviet Chess 1917-1991 (en inglés). McFarland & Company. p. 347. ISBN 9780786497584. 
  6. Benko, Pal (xaneiro de 1979). "Chiburdanidze vs. Gaprindashvili, Match of the Century". Chess Life: 15. 
  7. John Graham (1987). Women in Chess: Players of the Modern Age. McFarland. pp. 32–35. 
  8. A puntuación de Gaprindashvili no torneo de Lone Pine permitiulle acadar unha das normas para ser nomeada Gran Mestra. Porén, os seus resultados en Sandomierz e Dortmund quedaron a medio punto cada un desa norma.[6][7]
  9. "The Week in Chess 59" (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2023. 
  10. "Nona Gaprindashvili wins BDO Chess Tournament Haarlem". ChessBase (en inglés). 9 de outubro de 2005. Consultado o 6 de abril de 2023. 
  11. "Glory to the Queen (2020)". IMDb (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2023. 
  12. "Nona - Нона Iberia - Иверия - a fragance for women 1978". Fragrantica. 
  13. "Nona Gaprindashvili". World Chess Hall of Fame (en inglés). 
  14. "Order of Excellence to Nona Gaprindashvili". FIDE - International Chess Federation (en inglés). 29 de decembro de 2015. Consultado o 7 de abril de 2023. 
  15. Karsaulidze, Eka (5 de maio de 2016). "Chess Legend Nona Gaprindashvili’s Star Opens in Tbilisi". Georgia Today (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2023. 
  16. "Tbilisi Chess Palace and Alpine Club". architectuul.com. 
  17. Hudoon, Fatima (27 de novembro de 2020). "The real-life Queen’s Gambit: how Georgia’s Nona Gaprindashvili conquered the chess world". The Calvert Journal (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2023. 
  18. Stevens, Matt (16 de setembro de 2021). "A Chess Pioneer Sues, Saying She Was Slighted in ‘The Queen’s Gambit’". The New York Times (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2023. 
  19. Maddaus, Gene (6 de setembro de 2022). "Netflix Settles ‘Queen’s Gambit’ Defamation Suit Brought by Georgian Chess Grandmaster". Variety (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2023.