Nomes de fume

obra literaria de Míriam Ferradáns

Nomes de fume é un libro de poemas de Míriam Ferradáns publicado en 2017.[1]

Nomes de fume
Autor/aMiriam Ferradáns
CubertaCaxigueiro
OrixeGalicia
Linguagalego
ColecciónPoesía
Xénero(s)poesía
EditorialEspiral Maior
Data de pub.2017
Páxinas49
editar datos en Wikidata ]

Características editar

No prólogo Dores Tembrás sinala:

Pero Nomes de Fume propón reparar naquilo que aparentemente se esvae e con todo permanece. Por iso o símbolo “fume” encaixa á perfección nesta proposta poética. Un universo de lume, fume e cinsas. O que foi, o que queda... Así o poemario convértese nun invetario de perdas que *s lector*s case habemos de soletrear (p.11)

Comeza cunha cita de A. Gamoneda: Aínda hai lume / nas cinzas que amas

Hai 26 poemas, varios dun único verso. Son poemas sen título, así é o primeiro verso:

  • Pertencemos a un lugar escuro
  • O amor nunca é unha premonición
  • Algunhas nenas van descalzas
  • Temos as mans preparadas
  • No silencio todo é máis grande
  • Temos prohibido o tacto
  • Pregúntasme polo monstro
  • Na hora
  • Aquí todo é redondo
  • Deus falou do barro
  • Aquí sempre morre alguén
  • Eu, para ti
  • Os actos litúrxicos
  • Mercan peixe pero pensan nas tripas
  • Levar os pés descalzos
  • Imaxina un paxaro na rede
  • O seu é o nome da pantasma
  • As mulleres de negro
  • Non coñezo maior patria
  • I. Eu pronuncio nun cuarto
  • II. Amoreábanse os estrollos
  • III. Na casa as portas non se poden fechar
  • IV. Ningún paxaro é feliz
  • V. No Sur é inverno
  • VI. É difícil entender á tribo
  • Aquí estarás a salvo

Agradecementos: Dores Tembrás, Alba Cid, Ismael Ramos, Eduardo Estévez, Caxigueiro, Fernando Miranda...

Para Ramón Nicolás este libro é[2]:

Honesto, transparente, vibrante…, talvez haxa máis  adxectivos para definir este libro de Míriam Ferradáns, mais estes son os que se me ocorren para cualificar Nomes de fume, ... conflúe un exercicio de concentración expresiva admirable de xeito que os versos van alén do papel para seren frechas cravadas na conciencia que permanecen durante tempo para que nos fagamos preguntas, para interpretalos e sentilos.

A autora confesoulle a María Obelleiro[3]:

O fume esváese, e non queda nada, mais o fume vén de algún lugar, de algo que se queima. A min parecíame que a imaxe tiña que ser esa. O fume é algo que está entre o que foi e o que non vai ser, é algo que queda aí, no medio. E esa parte era a que me gustaba a min. Ese nome que só aparece unha vez no libro era un nome de fume, algo que xa non nomeaba unha persoa física, pero había a necesidade de que non desaparecese.
...
O colectivo é necesario, como é necesario ese sentimento de pertenza. Sénteste ben cando estás rodeada de xente coa que compartes unhas ideas comúns e sénteste protexida. Estás cos teus, aínda que ás veces non os coñezas e non coñezas nin os seus nomes. Tes ese sentimento de pertenza a un grupo do que non coñeces as partes. A aldea é algo así, o grupo protéxete. Porén, ás veces o grupo tamén te fai sentir frustrada. O grupo limita moito o teu radio de acción. Eu sei que espera de min a xente e antes de facer algo que a poida decepcionar, pénsoo moito. A tribo tamén limita e estrangula bastante.

Traducións editar

  • Noms de fum (2019). Edición bilingüe galego-catalán, tradución de Dolors Miquel, por Godall Edicións.[4]
  • Nombres de humo (2020) Edición bilingüe galego-español, tradución de Gonzalo Hermo, por Godall Edicións.[5]

Premios editar

Notas editar

  1. Ferradáns, Míriam (2017). Nomes de fume. Culleredo: Espiral Maior. p. 49. ISBN 978-84-945967-4-2. 
  2. Nicolás, Ramón (2017-07-03). "Nomes de fume, de Míriam Ferradáns". Caderno da crítica. Consultado o 2021-07-04. 
  3. Diario, Nós. "“As familias, para min, son abafantes e extorsionadoras”". Nós Diario. Consultado o 2021-07-04. 
  4. "Noms de fum". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 3/11/2019. 
  5. "Nombres de humo – Godall Edicions" (en catalán). Consultado o 2021-07-04. 
  6. "Miriam Ferradáns, premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-07-04.