Abrir o menú principal

Daniel Río Rubal

escultor e ceramista galego (1955- )
(Redirixido desde "Caxigueiro")

Daniel Río Rubal, nado en Mondoñedo o 6 de marzo de 1955, é un escultor e ceramista galego[1][2], coñecido co pseudónimo de Caxigueiro.

Daniel Río Rubal
Libro. Escultura de Caxigueiro.png
Nacemento6 de marzo de 1955
 Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterCerámica de Sargadelos
Ocupaciónescultor e ceramista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

As súas primeiras exposición foron en Lugo (1980)[1] e na Bienal de Pontevedra (1981)[2]. Tras o seu paso polo Seminario de Estudios Cerámicos (Sargadelos), ditos materiais forman parte fundamental da súa obra. A narración e a temática social, entre outras, forman a base da súa obra[2]. Reflexiona sobre cuestións que condicionan o desenvolvemento vital, tanto individual coma colectivo[3]. Dende 1990 interésase pola instalación, aínda que a miúdo tamén se expresa a través doutras disciplinas (escultura, fotografía, poesía, etc). Ten participado en diversas feiras internacionais de Arte Contemporánea, como: ARCO (Madrid), Foro Atlántico (A Coruña e Pontevedra) ou FIL (Lisboa), e a súas obras forman parte de coleccións como Fenosa ou Abanca[4].

Nos anos 2010 creou xunto coa súa dona, Flor Núñez, Espazo Caritel.

ObraEditar

 
Escultura no Espazo Caritel

InstalaciónsEditar

  • 1990. "Guerreiros" Museo Pablo Gargallo Zaragoza.
  • 1992. "Sair, Mudar". Urxencias III, Moaña.
  • 1996. "O Bosque das Ausencias" Galería Clérigos. Lugo.
  • 1998. "A linguaxe da memoria" Galería Pardo Bazán. A Coruña.
  • 1999. "Xeografías" V Foro Atlántico, stand Galería Pardo Bazán.
  • "Camuflaxe" Galería Bacelos, Vigo.
  • 2000. "Tras do Silencio", stand Galería Bacelos (Madrid, ARCO).
  • 2004/2005 Narracións (con música de Ugia Pedreira), Museo Provincial, Lugo[5]
  • "Linguaxe e memoria", Galería SCQ, Santiago.
  • 2012 CAI Luzán (Zaragoza)[6]
  • 2003. Xornadas Gastronómicas. Galería Pardo Bazán. A Coruña
  • 2004. Palestina(video-instalación). Museo provincial. Lugo
  • 2006. O rapto da Paisaxe. Centro Torrente Ballester. Ferrol[7]
  • 2007. O noso mar. Centro Torrente Ballester. Ferrol
  • 2012. Diálogo Interior. Cidade da Cultura. Santiago.

Exposicións institucionaisEditar

  • 1993. "Trazos e Camiños". Itinerante.
  • 1994. "Escultura Ibérica actual". Itinerante.
  • 1997. "De Asorey ós 90. A escultura moderna en Galicia" (Auditorio de Galicia).
  • 2000. "Galicia Terra Única" (Fundación Barrié).
  • 2000. Escultura gallega Contemporánea. La cerámica como punto de partida. Itinerante
  • 2000. Diálogos co Silencio. S.Domingos de Bonaval. Santiago
  • 2002. 2 culturas,un diálogo. Itinerante
  • 2005. Amurallando a sombra dos soños. Museo Provincial. Lugo
  • 2006. La cerámica española y su integración en el arte. Museo Nacional de Cerámica. Valencia[8]
  • 2008. Escultura Cerámica Ibérica contemporánea. Itinerante[9]
  • 2009. Portas da Luz. CGAC. Santiago
  • 2012. "Os ollos das Palabras" (Cidade da Cultura, Santiago, con Baldo Ramos)[10]
  • 2016. Camiño de Volta. Casa da Parra. Santiago[11]
  • 2016. Fuera de Serie. De la Provocación a la Ilusión. Museo Nacional de Cerámica. Valencia[12]
     
    Espazo Caritel. Vista parcial fondo
  • 2018. Galicia Universal. A Arte Galega nas Coleccións Abanca e Afundación. Cidade da Cultura. Santiago

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Daniel Río Rubal Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Daniel Río Ruibal". Afundacion (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  3. "caxigueiro". caxigueiro. Consultado o 2018-11-12. 
  4. "Caxigueiro Escultura Cultura Galega". cultura.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  5. "Ouvrages de référence" (en francés). 2017-12-21. 
  6. "Daniel Caxigueiro expone en CAI Luzán". El Periódico de Aragón (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  7. https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2626.php
  8. "Alfar Galería Azul Artículos Exposiciones La Cerámica española y su integración en el Arte". alfargaleriaazul.com (en castelán). Consultado o 2018-11-12. 
  9. El País (2007-04-11). "Reportaje Paseo por la historia de la cerámica Ibérica". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-11-12. 
  10. "Exposiciones". Revista Cerámica. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  11. https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.14967.php
  12. https://www.mecd.gob.es/mnceramica/dam/jcr:ef32cce1-b5f4-4a8d-8ab1-5f3b375bdbd7/dossier-de-prensa-fuera-de-serie.pdf

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar