Nikolái Zelinski

químico ruso

Nikolái Dmítrievich Zelinski (en ruso: Никола́й Дми́триевич Зели́нский, nado o 25 de xaneiro (calendario xuliano), 6 de febreiro (calendario gregoriano) de 1861 en Tiráspol, Transnistria, Imperio Ruso,[1] e falecido o 31 de xullo de 1953 en Moscova, foi un destacado químico orgánico ruso, membro da Academia de Ciencias da Unión Soviética (desde 1929).

Infotaula de personaNikolái Zelinski

Nikolái Zelinski en 1942
Nome orixinalNikolái Dmítrievich Zelinski
Никола́й Дми́триевич Зели́нский
Biografía
Nacemento25 de xaneiro (Cal. xul.), 6 de febreiro (Cal, greg.) de 1861
Tiráspol, Transnistria, Imperio Ruso
Morte31 de xullo de 1953
Moscova
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidaderusa
Formación profesionalDoutor en Química
EducaciónUniversidade de Novorossiisk
Universidade de Leipzig
Universidade de Gotinga
Director de teseAleksandr Andreevich Verigo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica, Petroquímica e catálise Editar o valor em Wikidata
OcupaciónProfesor na Universidade Estatal de Moscova
EmpregadorUniversidade Estatal de Moscova
Imperial Moscow University (en) Traducir
Universidade Nacional de Odessa (pt) Traducir
Imperial Novorossiia University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosAntoni Doroszewski (en) Traducir e Nikolaĭ Leonidovich Glinka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAntoni Doroszewski (en) Traducir, Nikolaĭ Leonidovich Glinka (en) Traducir e Boris Aleksandrovich Kazanskiĭ (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosQ114887611 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Véxase o texto

Find a Grave: 120944095 Editar o valor em Wikidata


Treaxectoria

editar

Zelinski realizou os seus primeiros estudos en Tiráspol e en Odesa, e os superiores na Universidade de Novorossiisk. Despois ampliou estudos en Alemaña, nas Universidades de Leipzig e de Gotinga, con Viktor Meyer. Conseguiu a súa especialización en 1888, e o doutoramento en 1891 na Universidade de Novorossisk. Foi profesor da Universidade Estatal de Moscova a partir de 1893 até o final da súa carreira, excepto no período 1911-1917.

Zelinski foi un dos fundadores da teoría da catálise en química orgánica. Especializouse na química dos hidrocarburos cíclicos. Inventou a primeira máscara antigás efectiva cun filtro de carbón activo en 1915.[2]

É coñecido pola reacción de haloxenación de Hell-Volhard-Zelinski, un proceso de substitución no que os átomos de hidróxeno unidos ao carbono α dun ácido carboxílico son substituídos por átomos de halóxeno.[3]

Honores

editar

Premios e condecoracións

editar

Eponimia

editar
  • O cráter lunar Zelinskiy leva este nome na súa memoria.
  • O Instituto de Química orgánica da Academia de Ciencias de Rusia tamén leva seu nome.
  1. Até 1918 en Rusia utilizouse o calendario xuliano, mentres que na maior parte de Europa xa se utilizaba o calendario gregoriano, polo que o día 25 de xaneiro ruso corresponde ao 6 de febreiro da maioría dos países.
  2. Kozhevnikov, A.B. Stalin's great science: the times and adventures of Soviet physicists.
  3. Zelinsky, N. «Ueber eine bequeme Darstellungsweise von α-Brompropionsäureester».

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Birch, S.F. «Obituary notices: ... [1] Nicholas Dimitrivich Zelinsky, 1861–1952». Journal of the Chemical Society, 2, 5, 1954, p. 4059–4064. doi:10.1039/JR9540004059.
  • A. N. Nesmeyanov, A. V. Tophiev, B. A. Kazansky and N. I. Shuikin (1953). "To the memory of academician Nikolai Dmitrievich Zelinsky". Russian Chemical Bulletin 2 (5): 683–690. 
  • S. F. Birch; Delaby, R.; Birch, S. F. (1954). "Obituary notices: ... Nicholas Dimitrivich Zelinsky, 1861–1952". Journal of the Chemical Society 2 (5): 4059–4064. 

Outros artigos

editar