Novorossiisk

cidade de Rusia

Novorosíisk (en ruso, Новороссийск) é unha cidade do suroeste de Rusia e un dos principais portos do mar Negro, no oeste do krai de Krasnodar. Está situado na desembocadura do río Tsemés, na beira occidental da baía de Tsemés da costa nororiental do mar Negro. A cidade tiña 241 952 habitantes no 2010.​ É o centro da unidade municipal "Cidade de Novorosíisk".

Modelo:Xeografía políticaNovorossiisk
Новороссийск (ru) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°43′N 37°46′L / 44.72, 37.77Coordenadas: 44°43′N 37°46′L / 44.72, 37.77
EstadoRusia
KraisKrai de Krasnodar
Urban okrug in Russia (en) TraducirMunicipal Formation of the City of Novorossiysk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Municipal Formation of the City of Novorossiysk (en) Traducir
Black Sea Soviet Republic (en) Traducir
Black Sea Okrug (en) Traducir (1866 (Xuliano)–1896 (Xuliano))
Black Sea Governorate (en) Traducir (1896 (Xuliano)–1920)
Black Sea Okrug (en) Traducir (1920–1930) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación273.278 (2018) Editar o valor em Wikidata (3.369,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie81,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m Editar o valor em Wikidata
Creación1838 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoVladimir Sinyagovsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal353900–353925 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico8617 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO03720000001 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO03420000000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Fergana (pt) Traducir
Plymouth (1956–)
Livorno (1967–)
Xixón (1984–)
Gainesville (1988–)
Valparaíso (1996–)
Pula, Croacia (1997–)
Varna (1997–)
Constancia (2002–)
Gavar (pt) Traducir (2009–)
Samsun (2010–)
Tiro (2013–)
Brest (2014–)
Kazashko (en) Traducir (2019–)
Huangdao (pt) Traducir (2020–)
Khantia-Mansia (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webadmnvrsk.ru Editar o valor em Wikidata

A cidade forma un anfiteatro de 25 km ó longo da baía, rodeada polas montañas do Cáucaso Norte e da cordilleira Naváguinski, que chega ao suroeste de Novorosíisk procedente de Anapa. Estas montañas protexen a cidade das correntes de aire frío procedentes do continente. Ao sur da localidade atópase a marisma ou lago Soliónoye ("Salgado"), separado das augas da baía polo estreito cordón litoral de Sudzhuk.

Nesta localidade atópase unha das principais bases navais rusas da Frota do Mar Negro.

Historia editar

Considerase que os primeiros humanos establecéronse na rexión de Novorosíisk na época paleolítica. Na localización actual desta cidade, no século V a. C., edificouse a colonia comercial grega de Bata, destruída polos nómades alanos no século II a. C.. No século XIII, a baía de Tsemés estaba en mans da Horda de Ouro. Os xenoveses fundaron a colonia de Bataria na desembocadura do río Tsemés. Tras o asalto otomán a Constantinopla en 1453, o territorio da península de Tamán pasou ao Imperio Otomán, ata o tratado de Adrianópolis, no 1829, polo que a rexión pasaba ao Imperio Ruso.

O 12 de setembro de 1838, baixo o mando do xeneral Nikolái Rayevski e o almirante Mikhaíl Lázarev, colonos e soldados rusos ocuparon as ruínas do castelo turco de Sujuk-Qale, que dominara a baía dende 1722 cunha gornición de catrocentos xanízaros. Nos anos 1830 iniciouse a construción da liña defensiva costeira do mar Negro baixo o mando do xeneral Rayevski.

O 27 de setembro de 1866, cando só contaba con 430 habitantes, é denominada como centro administrativo do Ókrug de Chernomorie, que ocupaba a costa do mar Negro dende Tamán a Xeorxia e existiu ata 1896. En 1882 púxose en funcionamento unha fábrica de cemento. Seis anos despois, en 1888 chegou o primeiro tren á cidade. Xunto ao elevador e silo de gran púxose en marcha en 1893 a primeira central eléctrica de corrente trifásica do mundo. Entre 1896 e 1920 foi centro administrativo da gubernia de Chernomore.[1]

O 14 de decembro de 1905, o soviet dos deputados obreiros e campesiños de Novorosíisk chama aos cidadáns á loita contra o tsarismo e proclama a república de Novorosíisk. O 25 de decembro un rexemento baixo o mando do xeneral Mikhaíl Przewalski, primo de Nikolái Przewalski, chega á estación Tonnélnaya de Verjnebakanski, á vez que ancoraba na baía o acoirazado Tri sviatítelia (Tres santos), coa intención de reprimir á cidade. O soviet decidiu non opoñer resistencia ás forzas zaristas. Na cidade estableceuse o estado de sitio e condenouse aos deputados populares a traballos forzados e á pena de morte en sete dos casos.

Entre o 23 e o 30 de novembro de 1917 anulase a autoridade do comisariado do Goberno Provisional, elixíndose a continuación o Comité executivo central dos soviets da gubernia de Chernomorie, establecéndose o poder soviético o 1 de decembro. Por disposición de Vladímir Lenin, afundiuse a frota do mar Negro o 18 e 19 de xuño de 1918, debido ao bloqueo das tropas alemás e a inminente toma da cidade (o 26 de agosto) por parte das forzas conxuntas das tropas brancas e os intervencionistas.​ Dende esa data ata o 27 de marzo de 1920 foi o centro principal do exército de Denikin O 12 de marzo de 1920 os brancos iniciaron a súa evacuación en buques de vapor. O xeneral Denikin abandonou Rusia polo porto de Novorosíisk neses días, no torpedeiro Tsesarévich Gueorgui.​ Para o 1 de maio as tropas brancas abandonaran a cidade, sendo ocupada polo Exército Vermello de Obreiros e Campesiños.

En abril de 1930 ponse en marcha en Novorosíisk unha central eléctrica produtora dunha potencia de 22 000 kilovatios, e en 1937 recuperaronse os restos da frota afundida en 1918. En 1940 acabouse co analfabetismo na cidade. Durante a Gran guerra patria a maior parte da cidade foi capturada pola Wehrmacht da Alemaña Nazi en 1942. Ao ano seguinte, na noite do 4 de febreiro de 1943 unha compañía de 274 homes baixo o mando de Tsézar Kúnikov desembarcou ao sur da localidade, no cabo Mysjako, procedente de Gelendzhik, capturando o campo de operacións Málaya Zemlia e reténdoa baixo os ataques inimigos ata a liberación definitiva da cidade o 16 de setembro de 1943 na operación Novorosíisk - Tamán polo 89ª rexemento de fusileiros armenios soviéticos.

O 7 de maio de 1966 a cidade foi condecorada coa Orde da Guerra Patria de 1ª clase pola firmeza, o valor e o heroísmo, manifestado polos defensores de Novorosíisk durante a segunda guerra mundial. O 14 de setembro de 1973 na conmemoración dos 30 anos da derrota do exército alemán na defensa do Cáucaso Norte otorgóuselle a Novorosíisk o título honorífico de Cidade Heroica, a Orde de Lenin e a Estrela de Ouro.

Demografía editar

Evolución demográfica editar

1897 1959 1970 1979 1989 2002 2010
16.897 93.461 132.744 159.135 185.938 232.079 141.952

Nacionalidades e etnias editar

Etnia Porcentaxe
Rusos 87.0%
Armenios 3.7%
Ucraínos 3.6%
Tártaros 1.1%

*Datos do ano 2002.[2]

Cidades irmandadas editar

Notas editar