National Security Archive

O National Security Archive (en galego, Arquivo Nacional de Seguridade) é unha organización non gobernamental e sen ánimo de lucro dedicada á investigación sobre asuntos que implican aos servizos de intelixencia dos Estados Unidos. Fundado en 1985, localízase no campus da Universidade George Washington en Washington, D.C.[1]

Logotipo do National Security Archive

TraxectoriaEditar

 
Edificio que alberga o NSA, na Universidade George Washington

Orixe e funciónEditar

O National Security Archive foi fundado en 1985 ante a preocupación de xornalistas e académicos polo crecente poder dos servizos secretos e a intelixencia no goberno estadounidense. Abrangue diferentes funcións pois investiga sobre as relacións exteriores e arquiva a documentación desclasificada dos Estados Unidos, polo que tamén é un centro de referencia para o xornalismo independente.

Apoiándose na Freedom of Information Act (en galego, Acta de liberdade de información), a lei que establece o acceso á documentación do goberno federal, o National Security Archive solicita información aos departamentos e axencias do goberno dos Estados Unidos. Unha vez obtida, procésaa e publícaa na súa páxina web.[2]

Casos destacadosEditar

Calcúlase que o longo da súa traxectoria fixo máis de 50 000 requerimentos á administración dos Estados Unidos e agrupa os millóns de documentos obtidos en diferentes proxectos, entre os que destacan: o de Vietnam, tortura, Cono Sur, relacións Irán-Estados Unidos, Cuba, Armamento Nuclear, Guatemala, Corea ou Chile.[3]

A documentación que procesa o National Security Archive resulta de grande importancia para a investigación sobre a política exterior dos Estados Unidos. Grazas as súas pescudas permitiron esclarecer o nivel de implicación das autoridades estadounidenses de operacións realizadas no contexto da Guerra Fría e a chamada "Guerra contra o terror" de principios do século XXI, por exemplo:

A súa andaina foi recoñecida coa concesión de varios galardóns tanto á institución como aos seus investigadores. Así, por exemplo, colaboracións do National Security Archive con documentais de televisión foron merecentes dun premio Peabody en 1998 e un Emmy no 2005.[14]

NotasEditar

  1. "The National Security Archive". The Library of Congress (en inglés). Consultado o 2021-10-08. 
  2. "The house that FOIA built and a mecca for documents buffs". The Washington Post. 8-5-2008. Consultado o 9-10-2021. 
  3. "Projects". NSArchive. 
  4. "The CIA's Family Jewels". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  5. Jones, Nate (2013-09-25). "FOIA Request Filed for National Security Agency Watch List that Included “Threats” MLK, Muhammad Ali, and Senator Church". UNREDACTED (en inglés). Consultado o 2021-10-09. 
  6. "U.S. Had Plans for "Full Nuclear Response" In Event President Killed or Disappeared during an Attack on the United States". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  7. "The Secret History of the U-2 - and Area 51". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  8. "Chile Project Postings". nsarchive.gwu.ed. 
  9. "Golpe de Estado: documentos desclasificados de Australia muestran que espías de ese país colaboraron con la CIA en Chile". CIPER Chile (en castelán). 2021-09-10. Consultado o 2021-10-09. 
  10. "CIA Confirms Role in 1953 Iran Coup". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  11. "1953 Iran Coup: New U.S. Documents Confirm British Approached U.S. in Late 1952 About Ousting Mosaddeq". nsarchive.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  12. "The Osama Bin Laden File". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  13. "Saddam Hussein Talks to the FBI". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 
  14. "Awards". nsarchive.gwu.edu. Consultado o 2021-10-09. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar