Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación

O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España é o actual departamento ministerial encargado da política exterior e da política de cooperación internacional así como as relacións coa Unión Europea. O seu actual titular é Josep Borrell.[1]

Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación
Logotipo del Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación.svg
Información xeral
Ministro Josep Borrell Fontelles
Sitio web
http://www.exteriores.gob.es/

HistoriaEditar

O Ministerio existe con esta denominación desde xuño de 2018, cando substituíu ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

FunciónsEditar

Compétenlle a dirección da política exterior, a das relacións coa Unión Europea e a da cooperación internacional ao desenvolvemento, de conformidade coas directrices do Goberno e en aplicación do principio de unidade de acción no exterior.[2]

EstruturaEditar

Este ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:

  • Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores.
  • Secretaría de Estado para a Unión Europea.
  • Secretaría de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe.
  • Subsecretaría de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación

NotasEditar