Milunka Lazarević

xadrecista serbia

Milunka Lazarević, nada en Šantarovac (Reino de Iugoslavia) o 1 de decembro de 1932 e finada en Belgrado (Serbia) o 15 de decembro de 2018, foi unha xadrecista e xornalista serbia. Durante moitos anos foi considerada a mellor xadrecista muller de Iugoslavia e participou no Mundial Feminino de Xadrez.

Infotaula de personaMilunka Lazarević

Milunka na Olimpíada de Xadrez de 1982 en Lucerna (Suíza) (1982) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Jagodina, Serbia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Belgrado, Serbia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNovo Cemitério de Belgrado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSerbia
Serbia e Montenegro
República Federal Socialista de Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , xadrecista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua serbia Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaSerbia Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMestra Internacional Femenina (1954)
Árbitro internacional de xadrez (pt) Traducir (1970)
Gran Mestra Feminina (1976) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.320 (1971)<
Participou en
1984Women's Chess Olympiad 1984 (en) Traducir
1982Women's Chess Olympiad 1982 (en) Traducir
1974Olimpíada de xadrez para mulheres de 1974 (pt) Traducir
1972Women's Chess Olympiad 1972 (en) Traducir
1966Olimpíada de xadrez para mulheres de 1966 (pt) Traducir
1963Olimpíada de xadrez para mulheres de 1963 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Con 14 anos, o seu pai aprendeulle a xogar e axiña foi recoñecido o seu talento no xadrez. No seu avance para se converter na principal xadrecista muller de Iugoslavia, gañou o Campionato feminino nacional en once ocasións entre 1952 e 1982. Durante este período mantivo rivalidade coa súa compatriota Verica Nedeljković, período en que ambas colleitaron éxitos tanto en competicións nacionais como internacionais. O seu estilo de xogo foi evolucionando até ser emocionante e imaxinativo á vez. Porén, en ocasións tentaba a sorte, particularmente contra xogadores de menor nivel. Segundo Anne Sunnucks, xadrecista e escritora británica, isto impedíalle decote acadar o primeiro premio.

Entre os resultados máis notábeis nos seus inicios atópanse os que logrou en catro torneos zonais. Acabou empatada no terceiro posto en Herceg Novi (1954), empatada no segundo posto en Venecia (1957), empatada no primeiro posto en Vrnjacka Banja (1960) e no terceiro posto en Bad Neuenahr-Ahrweiler (1963). O seu mellor resultado foi o empate en primeiro lugar no torneo de Candidatas do Mundial Feminino de Xadrez en Sukhumi (1964). Perdeu na eliminatoria ante Alla Kushnir e Tatiana Zatulovskaia, polo que non puido optar á posibilidade de retar Nona Gaprindashvili no Mundial Feminino de Xadrez de 1965.

 
Lazarević nun selo postal de Serbia de 2020

Os seus logros posteriores incluíron un segundo posto no Torneo Interzonal de Ohrid en 1971 (detrás de Nana Alexandria). Tamén obtivo primeiros postos (compartidos ou en solitario) en Wijk aan Zee, Belgrado, Emmen (os tres en 1972) e no Torneo Zonal de Travnik de 1978. Canto a competicións en equipo, participou no taboleiro un con Iugoslavia en varias Olimpíadas de xadrez feminino entre 1963 e 1984. Logrou unha medalla de prata de equipo en Split en 1963.

Lazarević foi nomeada Mestra Internacional Feminina en 1954 e Gran Mestra Feminina en 1976. En 1970 recibiu o título de Árbitra Internacional.

Descrita por Sunnucks como unha roxa atractiva, Lazarević traballou durante moitos anos como xornalista e redactou artigos sobre Garri Kasparov e Boris Spassky para a revista New In Chess. Malia a súa actividade xadrecística diminuír na década de 1980, non se retirou por completo do xogo. Así, participou en torneos en varias ocasións en 2006 e 2008.

Finou o 15 de decembro de 2018 aos 86 anos[1][2] en Belgrado.[3]

Partida destacada editar

Milunka Lazarević vs Corry Vreeken, Olimpíada de Xadrez de 1963 en Split:

1.e4 c5 2.Nf3 d6 3.d4 cxd4 4.Nxd4 Nf6 5.Nc3 a6 6.Bg5 e6 7.f4 b5 8.e5 dxe5 9.fxe5 Qc7 10.exf6 Qe5+ 11.Be2 Qxg5 12.O-O Ra7 13.Qd3 Rd7 14.Ne4 Qe5 15.c3 Bb7 16.Qg3 Qxg3 17.Nxg3 gxf6 18.Nh5 Be7 19.Nxf6+ Bxf6 20.Rxf6 Rg8 21.Rf2 Nc6 22.Nb3 Rd5 23.Bf3 Rdg5 24.a4 Nd8 25.Bxb7 Nxb7 26.axb5 axb5 27.Ra8+ Nd8 28.Rd2 Ke7 29.Na5 Rd5 30.Rxd5 exd5 31.Rb8 Rg5 32.Rxb5 Ne6 33.c4 Kd6 34. cxd5 Rxd5 35.Nc4+ Kc6 36.Rxd5 Kxd5 37.Ne3+ Ke4 38.Kf2 Nc5 39.Nd1 Nd3+ 40. Kg3 Ne1 41.Nf2+ Kd4 42.Nh3 Nd3 43.Ng5 Nxb2 44.Nxf7 Nd3 45.Ng5 h5 46.Kh4 Ke3 47.g3 Kf2 48.g4 hxg4 49.Kxg4 Ke3 50.h4 Nf4 51.Kf5 Nh5 52.Ne6 Kf3 53. Kg5 Ng3 54.Nc5 Kg2 55.Kg4 Kf2 56.Nd3+ Kg2 57.Nf4+ Kf2 58.Nh5 Ne2 59.Ng7 Ng3 60.Nf5 Ne4 61.Kf4 Nf6 62.Kg5 Nh7+ 63.Kg6 Nf8+ 64.Kf7 Nd7 65.h5 Ne5+ 66.Kf6 Ng4+ 67.Kg5 Kf3 68.Nh6 Nf2 69.Nf5 Nh3+ 70.Kf6 Kg4 71.h6 Ng5 72.Kg6 Ne6 73.Ne3+ Kh4 74.Kf6 Nf8 75.Kf7 Kh5 76.Ng4 Nh7 77.Kg7 Ng5 78.Nf6+ Kh4 79.Ne4 Ne6+ 80.Kg8 Nf4 81.h7 Ng6 82.Kg7 Kh5 83.Nf6+ 1-0

Por esta partida, Lazarević gañou o premio ao mellor final de partida na que foi a 2ª Olimpíada de Xadrez Feminino.[4]

Notas editar

  1. "Preminula višestruka šampionka u šahu Milunka Lazarević". Nezavisne (en serbio) (Belgrado). 17 de decembro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2023. 
  2. "In Memoriam – WGM Milunka Lazarević". Chessdom (en inglés). 18 de decembro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2023. 
  3. "LEGENDA SVETSKOG RANGA: Preminula višestruka šampionka u šahu Milunka Lazarević". Novosti (en serbio). 17 de decembro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2023. 
  4. "2nd Women's Chess Olympiad, Split 1963, Information". OlympBase (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2023. 

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar