Coordenadas: 41°07′01″N 20°48′07″L / 41.11694, -20.80194

Ohrid (en macedonio: Охрид) é unha cidade de Macedonia do Norte, sede do concello de Ohrid. É a principal cidade situada no lago de Ohrid e con algo máis de 42.000 habitantes en 2002 a oitava cidade do país. Ohrid é coñecida por chegar a ter no pasado 365 igrexas, unha para cada día do ano, denominándose a "Xerusalén de Macedonia".[1][2] A cidade está chea de casas pintorescas e monumentos e o turismo é unha das principais riquezas da localidade. En 1979 e en 1980, Ohrid e o lago de Ohrid entraron na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO, e Ohrid é un dos 28 lugares que están inscritos á vez no ámbito cultural e no natural.[3] Segundo o censo de 2002 [4] a maioría da poboación da localidade é de etnia macedonia 33.791 (80,4%), seguida da albanesa 2.959 (7%) e turca 2.256 (5,4%); predominando tamén a lingua macedonia 34.910 (83,1%), seguinda da albanesa 3.957 (9,4%) e turca 2.226 (5,3%). En canto á relixión é amplamente maioritaria a ortodoxa 33.987 (80,9%) seguida da islámica 7.599 (18,1%).

Ohrid
Самуилова крепост, Охрид, Македония.jpg
Localización
Ohrid en Macedonia do Norte
Ohrid
Ohrid
PaísMacedonia do Norte Macedonia do Norte
Xeografía
Altitude695 msnm
Superficie383,93 km²
Demografía
Poboación42.033 hab. (2002)
Densidade142,97 hab/km²
Outros datos
Código postal6000
AlcaldeNikola Bakračeski VMRO-DPMNE
ohrid.gov.mk
Patrimonio natural e cultural da rexión de Ohrid
Ohrid-Old-Town-2.JPG
Cidade vella
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísMacedonia do Norte Macedonia do Norte
TipoMixto
CriteriosI, III, IV, VII
Inscrición1979 (3ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador99

GaleríaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.