Budva
Budva é unha cidade da costa de Montenegro, con cerca de 10.918 habitantes. É a capital do concello homónimo.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Montenegro | |||
Concello | Budva (município) (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 13.338 (2011) (109,33 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 122 km² | |||
Altitude | 3 m | |||
Santo padrón | Xoán o Bautista | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 85310 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Sanremo (pt) Celje West Palm Beach (pt) Lugo Velika Plana (pt) Ohrid (1984–) Novi Sad (1996–) Banská Bystrica (2001–) Yalova (pt) (2012–) Bijeljina (pt) (2018–) | |||
Páxina web | budva.me |
Budva está situada á beira do mar Adriático, nunha zona de gran densidade turística, coñecida como a "Riviera de Budva" (Budvanska rivijera). É famosa polas súas praias areosas, clima agradábel e viva vida nocturna. Ao tempo é unha localidade con rico patrimonio histórico.
Xeografía
editarA cidade está sita no sur da costa montenegrina, colocada nunha pequena península na parte setentrional dunha pequena baía (Baía de Budva), que cerra enfronte a localidade de Sveti Stefan. Na mesma baía érguese a illa de San Nicolao (Sveri Nikola), dita popularmente Havaj (Hawai), que é a maior das costas de Montenegro. Ao contar con dúas excelentes praias de area, Mogren e Becici, o que non adoita ser corrente nas costas adriáticas, impulsaron a demanda turística de Budva, que ademais está sita a curta distancia de importantes localidades históricas, aínda que non sempre as estradas son as axeitada. Budva dista 26 km de Kotor, outro importante centro turístico, uns 30 km de Cetinje, a antiga capital de Montenegro, e 123 de Dubrovnik (Croacia). O lago de Skutari, o maior dos Balcáns está a uns 38 km, como tamén a fronteira con Albania.
Patrimonio monumental
editarAs vellas rúas da Cidade Vella mostran o influxo da arquitectura veneciana nos seus elementos construtivos e ornamentais. Entre os monumentos máis salientes cómpre sinalar:
- Catedral de San Xoán (Sveti Ivan krstiteli), católica, que remonta ao século VII.
- Santa María da Punta, católica, igrexa fundada no século VIII.
- Igrexa da Santísima Trindade, ortodoxa, que data de 1804.
- Cidadela veneciana.
- A 5 km o antigo pazo real da antiga monarquía iugoslava.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Budva |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)