Corry Vreeken

xadrecista neerlandesa

Maria Cornelia Vreeken, nada en Enkhuizen (Os Países Baixos) o 22 de decembro de 1928, nada como Corry Bouwman (tamén coñecida como Corry Vreeken-Bouwman), é unha xadrecista neerlandesa, nomeada Gran Mestra Feminina en 1987.

Modelo:BiografíaCorry Vreeken

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Maria Cornelia Vreeken Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1928 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Enkhuizen, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMestra Internacional Femenina (1968)
Woman Honorary Grandmaster (en) Traducir (1987) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.180 (1989)<
Identificador FIDE1001710 Editar o valor en Wikidata
Participou en
1982Women's Chess Olympiad 1982 (en) Traducir
1980Women's Chess Olympiad 1980 (en) Traducir
1978Women's Chess Olympiad 1978 (en) Traducir
1976Women's Chess Olympiad 1976 (en) Traducir
1974Olimpíada de xadrez para mulheres de 1974 (pt) Traducir
1966Olimpíada de xadrez para mulheres de 1966 (pt) Traducir
1963Olimpíada de xadrez para mulheres de 1963 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nas décadas de 1960 e 1970 Vreeken era unha das mulleres xadrecistas máis destacadas do seu país. Gañou en cinco ocasións o Campionato Neerlandés de Xadrez Feminino (1960, 1962, 1964, 1966 e 1970). Participou tamén en varios torneos internacionais. Os seus mellores resultados logrounos en Emmen (1962), un 1º - 3º posto compartido en Beverwijk (1968) e o torneo zonal de Biel/Bienne (1980).

Vreeken participou en dúas ocasións nos Torneos Interzonais do Mundial Feminino de Xadrez:

  • En 1971 quedou en 14º lugar en Ohrid.[1]
  • En 1976 quedou en 10º lugar en Rozendaal.[2]

Tamén xogou no equipo dos Países Baixos nas Olimpíadas Femininas de Xadrez:[3]

En 1968 recibiu o título de Mestra Internacional Feminina e en 1987 o de Gran Mestra Feminina.

  1. "1971 Ohrid Interzonal Tournament: World Chess Championship (Women)". www.mark-weeks.com (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2023. 
  2. "1976 Roosendaal Interzonal Tournament: World Chess Championship (Women)". www.mark-weeks.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2023. 
  3. "Women's Chess Olympiads: Corry Vreeken". OlimpBase (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2023.