Miki Roqué
Miquel "Miki" Roqué Farrero, nado en Tremp (Lleida) o 8 de xullo de 1988 e finado en Barcelona o 24 de xuño de 2012, foi un futbolista español. Xogaba de defensa central e o seu último equipo foi o Real Betis Balompié.
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1988 Tremp, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 24 de xuño de 2012 (23 anos) Barcelona (España) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O 5 de marzo de 2011 anunciou entre bágoas a súa retirada momentánea do fútbol debido a un tumor. O 24 de xuño de 2012, o xogador faleceu a causa do cancro.[1]
Traxectoria
editarLiverpool e cesións
editarEn agosto de 2005 fichou polo Liverpool FC de Rafa Benítez procedente das categorías inferiores da UE Lleida. Destaca polo seu longo pase e a súa boa colocación. Debutou co primeiro equipo do Liverpool con 18 anos en Liga de Campións o 5 de decembro do 2006 contra o Galatasaray, entrou no minuto 84 do partido co dorsal 34 substituíndo ao seu compatriota Xabi Alonso. O Liverpool perdeu 3-2.
Miki Roqué pasou o final da tempada 2006/07 cedido no Oldham Athletic. Despois no mercado de inverno foi cedido ao club español Xerez CD, para a segunda volta da 2007/08. No verán de 2008, o Liverpool cede ao xogador ao FC Cartagena, equipo do grupo II da Segunda División B e que nesa mesma tempada logra ascender á Segunda División Española.
Real Betis
editarNo verán de 2009 fichou polo Real Betis Balompié por tres tempadas,[2] procedente do Liverpool de Inglaterra, logo de ser pretendido tamén por clubs como o Villarreal e o Futbol Club Barcelona. O xogador pasou a formar parte do filial do equipo que xogaba en Segunda B ás ordes de Oli, aínda que foi convocado varios partidos por Antonio Tapia, adestrador do primeiro equipo antes de que fose destituído, e polo seu substituto Víctor Fernández.
En febreiro de 2010 foi convocado pola Selección de fútbol sub-21 de España.
O 9 de outubro de 2010, debutou en partido oficial co Real Betis na sétima xornada do campionato de Segunda División contra a UD Las Palmas, da man de Pepe Mel.
Retirada e falecemento
editarO sábado 5 de marzo de 2011 fixo público que padecía un tumor maligno localizado na pelve, algo que lle apartaría dos terreos de xogo ata a súa total recuperación.[3] Ese mesmo fin de semana o seu equipo dedícalle a vitoria, mostrando a súa camiseta en cada gol.[4]
O martes 24 de maio de 2011 Miki Roqué é operado con éxito do seu tumor na pelvis na clínica Dexeus de Barcelona polo doutor Enric Cáceres. Desde entón Miki segue o tratamento e recuperación da súa enfermidade na súa Lleida natal xunto á súa familia.
O día 14 de xaneiro de 2012 fixo a súa primeira aparición pública desde que informase da súa enfermidade nun acto de homenaxe realizado polo Betis en honra aos doutores que o trataron, aproveitando a visita á cidade condal do equipo para enfrontarse ao FC Barcelona.
O día 24 de xuño de 2012 falece ao non superar o cancro de pelve do que foi operado.[1]
Homenaxes
editarO domingo 29 de maio de 2011 tras gañar o FC Barcelona a súa cuarta Liga de Campións da UEFA o capitán do equipo Carles Puyol luciu unha camiseta na que puido lerse «Ànims Miki!» (¡Ánimo Miki!).
O domingo 5 de xuño de 2011, durante a celebración do partido benéfico a favor de África celebrado no Santiago Bernabéu que enfrontaba ao Real Madrid contra o Bayern de Múnic, o xogador Alfonso Pérez, que no seu día xogou no equipo da capital andaluza, mostraba unha camiseta que recibiu do Real Betis Balompié co nome de Miki Roqué, a modo de homenaxe, tras conseguir un tanto para o Real Madrid.
No minuto 26 de cada partido que o seu club o Real Betis Balompié xoga como local no Estadio Benito Villamarín dedícanselle uns cánticos. Á parte como iniciativa xurdida desde peñas béticas realizáronse camisetas e pulseiras para a súa venda e o diñeiro recadado foi posto a disposición do club para sufragar a operación.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Marca, ed. (24 de xuño de 2012). "Falece Miki Roqué" (en español).
- ↑ "O Betis B ficha a Roqué". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2010. Consultado o 25 de xuño de 2012.
- ↑ "Miki Roqué padece cancro de pelve.". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 25 de xuño de 2012.
- ↑ O Betis dedica a Miki Roqué a goleada