Mika
Michael Holbrook Penniman[1], nado o 18 de agosto de 1983, e coñecido como Mika é un cantante británico de orixe libanesa. Actualmente vive en Inglaterra, país no que cultivou un grande éxito.
(2022) | |
Nome orixinal | (en) Mika Penniman |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Michael Holbrook Penniman Jr. 18 de agosto de 1983 (41 anos) Beirut, Líbano |
Outros nomes | MIKA |
Educación | Westminster School Royal College of Music Lycee Francais Charles de Gaulle (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, actor, pianista, cantante, compositor de cancións |
Período de actividade | 2006 - |
Xénero artístico | Música pop, power pop, Glam rock e rock alternativo |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Teclado electrónico, piano, sintetizador, keytar (pt) e voz |
Selo discográfico | Casablanca Republic Records (pt) Island Records Universal Music Group |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | yomika.com |
|
Biografía
editarNaceu en Beirut, capital do Líbano. O seu nome verdadeiro é Michael Holbrook Penniman Ismaili. Son cinco irmáns, de nai libanesa e pai estadounidense. Fuxindo da guerra do Líbano pasou coa súa familia por diferentes lugares (París, Chipre) antes de establecerse en Londres á idade de nove anos, ao mesmo tempo que descubriron que Mika sufría dislexia. Máis tarde, a Mika contratóuselle unha profesora rusa de ópera chamada Alla Ardakov para que lle ensinase canto, o que fixo que aos 15 anos xa cantase como contratenor. Matriculouse na London School of Economics para estudar xeografía, pero durou un día, e dúas semanas despois xa estaba estudando música no Royal College of Music.
Antes de triunfar como cantante pop, Mika foi cantante de ópera, escribiu música funcional para a aerolínea British Airways e compuxo jingles publicitarios.
No 2007 asinou un contrato co reactivado selo de música disco dos setenta Casablanca Records e cuxo álbum debut, "Life In Cartoon Motion", edítase baixo o selo de Island Records UK (Universal). O seu primeiro álbum foi número un en Inglaterra e vai camiño de selo en moitos outros países. En abril de 2007 empeza a planear as súas xiras. É o artista máis prometedor do ano segundo a enquisa anual que realiza a BBC entre máis de 130 profesionais independentes do mundo da música e os medios de comunicación británicos. No Top 10 desa enquisa, que adoita ser bastante certeira, están algúns dos grupos e músicos que teñen máis posibilidades de triunfar e dar que falar no 2007 como Klaxons, The Twang, Air Traffic, Cold War Kids, Ghosts ou The Rumble Strips. Segundo cóntase o seu tema "Grace Kelly" foi impulsado pola prensa debido ás intensas críticas polo seu parecido a Freddie Mercury na súa voz, entón el decidiu sacar un tema onde fala de que "poderías ser calquera cousa que queiras" referíndose aos comentarios do seu parecido con distintos artistas.
Mika declara que creceu escoitando de todo, desde Queen, Freddie Mercury, Joan Baez, Bob Dylan, Serge Gainsbourg, Édith Piaf, The Beatles, ata flamenco e que admira aos grandes compositores como Wagner, Harry Nilsson, Prince ou Elton John.
A banda de Mika está formada ademais por Martin Waugh (guitarra, coro, triángulo eléctrico), Michael Choi (baixo, coro), Cherisse Osei (batería) e David Whitmey (teclado) e Saranayde e Samantha Smith (coristas).
En xaneiro de 2008, Mika, Take That e Leoa Lewis encabezaron os nomeamentos aos premios Brit Awards da música británica, que se entregaron nunha gala o 20 de febreiro. O artista libanés só foi premiado como o mellor artista revelación en directo (British Breakthrough Act).
O 4 de xullo de 2008 tivo lugar un concerto no "Parc des Princes" de París ante 55.000 persoas. Inicialmente o concerto ía ser para unha cadea de radio, a cal ía ter varios cantantes incluíndo a Mika; pero a xente ao decatarse de que Mika ía estar no concerto iniciou a comprar os boletos. Ao pouco intre, o representante de Mika deuse conta de que os boletos xa encheran a capacidade do estadio. Este concerto deixou ao seu público asombrado, tanto pola escenografía como o talento de Mika. Actualmente xa se atopa á venda este concerto en DVD, o cal inclúe material acerca de como foi que se creou este grande espectáculo.
O cantante de orixe libanesa fala perfectamente, á parte do inglés, francés e español. Espera sacar un segundo disco no ano actual, o cal incluirá a canción chamada "Rain". Os seus actuais sinxelos son: "Relax (take it easy)", "Grace Kelly", "Love Today", "Lollipop", "Big Girl (You Are Beautiful)" e "Happy Ending", incluídos no seu álbum debut "Life In Cartoon Motion".
En Galicia
editarO primeiro concerto de Mika en Galicia tivo lugar o 14 de agosto de 2010, no parque de Castrelos en Vigo[2]. O seu segundo concerto en terras galegas tivo lugar o 9 de agosto de 2012 na praia de Riazor, dentro do festival Noroeste Pop Rock celebrado na cidade da Coruña.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editar- 2007: Life in Cartoon Motion
- 2009: The Boy Who Knew Too Much
- 2012: The Origin of Love
EPs
editar- 2006: Dodgy Holiday EP
- 2007: iTunes Festival: London
- 2009: Songs for Sorrow
- 2009: iTunes Live: London Festival '09
Filmografía
editar- 2007 Live in Cartoon Motion
- 2008 Live Parc des Princes Paris
Notas
editar- ↑ A Rising British Pop Star Revives a Mercurial Style The New York Times, 31 de marzo de 2007
- ↑ Mika hace botar a 20.000 personas en el auditorio vigués de Castrelos, La Voz de Galicia, 14/8/2010
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mika |
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial (require plugin Macromedia Flash)
- Myspace de Mika