Merlene Joyce Ottey, nada en Cold Springs (Hanover) o 10 de maio de 1960 é unha ex-atletaxamaicana. Comezou a súa carreira representando a Xamaica, antes de representar a Eslovenia entre 2002 e 2012. Está clasificada como a cuarta mellor de todos os temos nos 60 metros (indoor), a sétima nos 100 metros lisos e a cuarta nos 200 metros. Ten o récord do mundo indoor en 200 metros con 21,87 segundos dende 1993.
Ottey tivo a carreira máis longa dun velocista de alto nivel internacional, que rematou en 2012 coa súa participación co equipo de remudas 4×100 metros esloveno nos campionatos de Europa de atletismo de 2012, con 52 anos.[1][2] Nove veces medallista olímpica, ten o récord de máis participacións (sete) de calquera atleta. Gañou catorce medallas nos campionatos do mundo,[3] e en 2017 aínda tiña o récord de máis medallas en especialidades individuais con dez.[4] Os seus méritos durante a súa carreira e a súa lonxevidade valéronlle ser chamada "Raíña da Pista". Ademais, a súa tendencia a lograr medallas de bronce en grandes campionatos supuxéronlle o título de "Raíña de Bronce".[5]