Marcus Rashford

futbolista inglés

Marcus Rashford, nado en Manchester o 31 de outubro de 1997, é un futbolista inglés de ascendencia sancristobaleña, xoga como dianteiro e o seu actual equipo é o Manchester United da Premier League de Inglaterra.[1][2][3]

Marcus Rashford
Información persoal
Nacemento 31 de outubro de 1997
Lugar de nacemento Manchester
Altura 180 centímetros
Posición dianteiro
Na rede
https://www.marcusrashfordofficial.com/
Facebook: MarcusRashford Twitter: MarcusRashford Instagram: marcusrashford FIFA: 401470 UEFA: 2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Rashford chegou á academia do Manchester United con apenas sete anos procedente do Fletcher Moss Rangers, situado na cidade de Manchester.[4][5]

O 25 de febreiro de 2016, foi convocado por Louis van Gaal para o partido contra Midtjylland correspondente á volta de dezaseisavos de final de Europa League. Debido a unha lesión de Anthony Martial no quecemento, Marcus foi designado como titular para o encontro, debutando como profesional en Old Trafford ante máis de 58.600 espectadores. Marcus xogou os 90 minutos, utilizou a camiseta número 39, con 18 anos e 117 días converteuse no goleador máis novo na historia de Manchester United nunha competición europea ao lograr un dobrete (min. 64 e 75), superando a marca de George Best.[6][7]

Van Gaal, finalizado o partido, declarou:[8]

«No tenía otra opción, por lo que Rashford debía jugar. Él era el relevo ideal para Martial (…) Hemos tenido un rendimiento fantástico y tengo que felicitar a mis jugadores, sobre todo a los jóvenes. No era fácil para Rashford y Riley, que hacían su debut en Europa con la presión del resultado, pero que mostraron un gran nivel. Tal vez no se espera este nivel tan rápido cuando se juega en el primer equipo, pero han dado un nuevo paso increíble en su crecimiento.»

Despois da xornada, foi incluído no equipo da semana de UEFA Europa League e tamén co 51% dos votos, foi elixido o xogador da semana.[9]

O 28 de febreiro debutou na Premier League, sendo titular contra o Arsenal en Old Trafford. No minuto 29 anotou o primeiro gol do partido, tres minutos despois volveu marcar. Na segunda metade, ao minuto 65 brindou unha asistencia para que o seu compañeiro Ander Herrera anotase outro gol. Rashford foi substituído ao minuto 80, recibiu a ovación do público e finalmente gañaron 3 a 2.[10][11] Foi elixido o mellor xogador do partido e converteuse no debutante en Premier máis novo en anotar un dobrete, con 18 anos e 120 días.[12][13] O 20 de marzo foi titular no Etihad Stadium. Con 18 anos e 141 días converteuse no xogador máis novo da historia en marcar nun derbi de Mánchester, dando a vitoria ao equipo por 0 a 1.[14][15] O 13 de abril adiantou ao equipo na vitoria por 1 a 2 ante o West Ham na FA Cup.[16] Tres días despois anotou o único gol do partido ante o Aston Vila.[17] O 21 de maio foi titular na final da FA Cup 2015-16 ante o Crystal Palace, sendo substituído no minuto 72 e logrando o seu primeiro título como profesional. Na súa primeira campaña no club foi elixido mellor xogador novo e foi renovado até 2020 grazas ao seu rendemento.[18]

O 27 de agosto de 2016, na terceira xornada de Premier League, marcou o gol da vitoria no minuto 93 ante o Hull City.[19] O 20 de abril de 2017 marcou o gol que deu o pase á rolda de semifinais da liga Europa, no minuto 107 da prórroga, ante o Anderlecht. O 4 de maio marcou o único tanto do partido de falta directa ante o Celta de Vigo na ida de semifinais (0-1).[20] A pesar de non ser indiscutiblemente titular durante a tempada, saíu de inicio na final da liga Europa ante o Ajax e que supuxo o seu primeiro título europeo.[21][22]

O 12 de setembro de 2017 marcou o seu primeiro tanto en Liga de Campións, no seu primeiro partido ante o FC Basel (3-0).[23] O 18 de outubro deu a vitoria ante o Benfica co seu gol.[24] O 5 de decembro fixo o propio ante o CSKA en Old Trafford (2-1).[25] O 10 de marzo logrou os dous goles dos diaños vermellos na vitoria (2-1) ante o Liverpool.[26]

O 3 de novembro de 2018 deu a vitoria, no minuto 92, ante o Bournemouth (1-2).[27]

Selección nacional editar

Xuvenís editar

Rashford foi parte da selección de Inglaterra nas categorías xuvenís sub-16, sub-18, sub-20 e sub-21.

Foi convocado por primeira vez, por Kenny Swain, para defender á selección sub-16 inglesa no Victory Shield, torneo amigable entre Inglaterra, Gales, Irlanda do Norte e Escocia.[28][29] Debutou o 27 de setembro de 2012, contra Irlanda do Norte de visitantes, saíndo no minuto 55 e obtendo a vitoria por 5 a 0.[30] Logo volveu ser citado, o 1 de novembro, xogando como titular ante Gales (1-0).[31]

O 5 de novembro de 2014, o técnico Neil Dewsnip convocou a Marcus para xogar dous partidos amigables contra a selección sub-18 de Polonia.[32] Foi titular no primeiro partido entre as sub-18, o 15 de novembro, brindou unha asistencia e gañaron 3 a 2.[33] Dous días despois xogaron outro encontro, esta vez estivo presente os minutos finais e gañaron 4 a 1.[34]

O 16 de marzo de 2016, despois de debutar como profesional, foi convocado por Keith Downing para adestrar coa selección sub-20 inglesa e xogar un amigable.[35] Debutou coa sub-20, o 27 de marzo, como titular coa camiseta número 9. O equipo caeu por 2 a 1 ante Canadá, sendo Rashford o autor da asistencia inglesa.[36]

O 25 de agosto, o adestrador Gareth Southgate convocou a Marcus para xogar coa sub-21 inglesa para a clasificación ao Europeo.[37] Debutou na categoría o 6 de setembro ante Noruega. Rashford logrou un hat-trick ante Noruega nunha vitoria por 6 a 1.[23][38]

Participacións en xuvenís editar

Competición Sede Resultado Partidos Goles
Clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 2017 Europa  Clasificado 1 3

O 16 de maio de 2016, o técnico da selección absoluta de Inglaterra, Roy Hodgson, convocouno por primeira vez, nunha lista de 26 xogadores para xogar unha serie de partidos amigables, coa posibilidade de mostrarse e quedar no cadro de persoal definitivo para xogar a Eurocopa.[39] Despois de xogar a final da FA Cup e saír campión co United, o 25 de maio uniuse aos adestramentos da selección de Inglaterra por primeira vez. O seleccionador inglés, Hodgson, sobre Marcus respondeu:[40]

«Para ser sincero, no sé qué esperar de él. No olviden que Rashford tuvo un poco de mala suerte, porque el tiempo que vamos a pasar con él es muy breve. El miércoles y el jueves [entrenamiento], el viernes hay partido, y entonces tendremos que decidir quiénes serán los 23 jugadores.
Va a ser difícil que pueda convencerme a mí y al cuerpo técnico en este breve lapso. Pero no estoy descartando nada. Pienso que su actuación en la final de la FA Cup fue excelente.»

O 27 de maio, con 18 anos e 208 días, converteuse no terceiro xogador máis novo en anotar coa selección, detrás de Rooney e Owen, ao anotar na vitoria (2-1) ante Australia aos 138 segundos de comezar o partido.[23][41] O 31 de maio, Roy Hodgson incluíu a Rashford na lista definitiva de 23 xogadores para ser parte da Eurocopa 2016.[42] Durante o torneo continual tivo unha participación residual (21 minutos en 2 partidos), pero se converteu no futbolista inglés máis novo en xogar ese torneo superando a marca de Rooney.[43]

O 16 de maio de 2018 foi incluído na lista de 23 xogadores que disputarían o Mundial de Rusia. Rashford participou en seis encontros, só un como titular, colaborando no cuarto posto logrado.[44]

O 8 de setembro marcou o seu primeiro tanto na liga das Nacións nun partido ante España, en Wembley (1-2).[45] Pouco máis dun mes despois marcou un gol e deu unha asistencia na vitoria (2-3), ante a selección española, en Sevilla.[46]

Participacións en Eurocopas editar

Competición Sede Resultado Partidos Goles
Eurocopa 2016 Francia Francia Oitavos de final 2 0

Detalles de partidos editar

Estatísticas editar

Clubs editar

Club Div. Tempada Liga Copas nacionais(1)



Torneos internacionais(2)



Total
Part. Goles Asis. Part. Goles Asis. Part. Goles Asis. Part. Goles Asis.
Manchester



United  Inglaterra Inglaterra
2015-16 11 5 2 4 1 0 3 2 0 18 8 2
2016-17 32 5 1 10 4 1 11 2 4 53 11 6
2017-18 35 7 5 8 3 2 9 3 2 52 13 9
2018-19 22 9 7 2 0 0 7 1 0 31 10 7
Total club 97 23 15 24 8 3 30 8 6 154 42 24
Total carreira 97 23 15 24 8 3 30 8 6 154 42 24
(1) Incluídos os datos da FA Cup (2015-16), a Community Shield (2016) e a Copa da liga de Inglaterra (2016-17)
(2) Incluídos os datos da Europa League (2015-16, 2016-17)
Selección Tempada Continental Mundial Amigables Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Sub-16  Inglaterra



  Inglaterra 
2012/13 - - - - 2 0 2 0
Total sel. - - - - 2 0 2 0
Sub-18  Inglaterra



  Inglaterra 
2014/15 - - - - 2 0 2 0
Total sel. - - - - 2 0 2 0
Sub-20  Inglaterra



  Inglaterra 
2015/16 - - - - 1 0 1 0
Total sel. - - - - 1 0 1 0
Sub-21  Inglaterra



  Inglaterra 
2016/17 1 3 - - 0 0 1 3
Total sel. 1 3 - - 0 0 1 3
Absoluta  Inglaterra



  Inglaterra 
2015/16 4 0 - - 2 1 6 1
Total sel. 4 0 - - 2 1 6 1
Total carreira 5 3 - - 7 1 12 4

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
FA Cup Manchester United Inglaterra   Inglaterra 2016
Community Shield Manchester United Inglaterra   Inglaterra 2016
Copa da liga Manchester United Inglaterra   Inglaterra 2017

Campionatos internacionais editar

Título Club Sede Ano
UEFA Europa League Manchester United Solna 2017

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Equipo da semana da liga Europea da UEFA para UEFA (dezaseisavos de final - volta) 2016
Xogador da semana da Europa League para UEFA (dezaseisavos de final - volta) 2016
Xogador do partido Manchester United - Arsenal[47] 2016
Xogador do mes de Manchester United (febreiro) 2016
Xogador do ano de Manchester United (Sub-18)[48] 2016
Parte dos 59 mellores futbolistas sub-21 do mundo (#5) segundo medio FourFourTwo[49] 2016
Xogador do mes de xaneiro da Premier League 2019

Notas editar

  1. "Caribe, la raíz hermana de los ingleses". 
  2. "Mundial 2018: Los hijos de la inmigración que quieren llevar a la gloria Mundial a Inglaterra - Marca.com". 
  3. "Marcus Rashford | Man Utd First Team Player Profile". 
  4. "Inside Fletcher Moss Rangers, the Man Utd academy". 
  5. "Fletcher Moss Rangers - the tiny club that produced England stars". 
  6. "De repente 'Old Rashford'". 
  7. "Rashford breaks George Best's Manchester United record that lasted 51 YEARS | Goal.com". 
  8. "Marcus Rashford, el nuevo cuento de la Cenicienta que vive el Manchester United". Fichajes.com. 
  9. "Equipo de la Semana de la UEFA Europa League". UEFA. 
  10. "Rashford es demasiado para el Arsenal". Marca. 
  11. "Manchester United 3-2 Arsenal". 
  12. "Marcus Rashford: Manchester United's new star in numbers - CBBC Newsround". 
  13. "Premier League: La última joya de Van Gaal - Marca.com". 
  14. "Premier League: Rashford mete al Manchester City en un buen lío - Marca.com". 
  15. "Marcus Rashford goal gives Manchester United win over Manchester City as Joe Hart is stretchered off". ISSN 0307-1235. 
  16. "West Ham United 1-2 Manchester United". 
  17. "Premier League: Rashford matiene al United en la pelea por la Champions - Marca.com". 
  18. "Marcus Rashford renueva con el Manchester United". 
  19. "Premier League: Un gol de Rashford en el 93 le da la victoria al United - Marca.com". 
  20. "Europa League: Rashford se hace mayor en la Europa League - Marca.com". 
  21. "Mourinho salva la temporada para el Manchester United con la Europa League". ISSN 1134-6582. 
  22. "La puntualidad de Marcus Rashford - MarcadorInt". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  23. 23,0 23,1 23,2 "Mundial 2018 Rusia: Rashford es 'Míster Debut' - Marca.com". 
  24. "Rashford brilla, hunde al Benfica y amarga el debut de Svilar". 
  25. "Champions League 2017-18: El United vuelve como líder a los octavos cuatro temporadas después - Marca.com". 
  26. "Premier League: Rashford derrota al Liverpool y lanza al United en la lucha por la segunda plaza - Marca.com". 
  27. "Bournemouth vs M. United El oportunismo de Rashford en el 92' da la victoria al United - Premier League: - Marca.com". 
  28. "Foday in young England squad". Birmingham City Football Club. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  29. "England U16s Squad for N. Ireland (Victory Shield)". England Football Blog. 
  30. "NI Defeated in Victory Shield opener". Irish Football Association. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  31. "England U16s Overcome Wales in the 2012 Victory Shield". England Football Blog. 
  32. "England U18s squad named for Poland double-header". TheFA. 
  33. "Connolly, Maitland-Niles and Armstrong seal win". TheFA. 
  34. "Sheyi Ojo inspires England U18s to 4-1 win in Poland". TheFA. 
  35. "England U20s squad confirmed for Canada friendly fixture". The FA. 
  36. "Keith Downing: Rashford to benefit from Under-20s experience". TheFA. 
  37. "England Under-21s squad named for Euro Qualifier with Norway". The FA. 
  38. "Marcus Rashford: Gareth Southgate says hat-trick 'food for thought' for Sam Allardyce". BBC. 
  39. "Roy Hodgson names England's pre-EURO 2016 squad". The FA. 
  40. "Rashford listo para debutar". Manchester United FC. 
  41. "Eurocopa 2016: Gol y victoria para Rashford en su debut con Inglaterra - Marca.com". 
  42. "Rashford, sorprendente apuesta de la selección inglesa". 
  43. "Eurocopa 2016: Rashford se convierte en el inglés más joven en jugar una Eurocopa - Marca.com". 
  44. "Mundial 2018 | Bélgica golpea a Inglaterra y se lleva la final de consolación - RTVE.es". 
  45. "Buen estreno de la España de Luis Enrique ante Inglaterra". ISSN 1134-6582. 
  46. ""No fue nuestra mejor noche, pero dependemos de nosotros"". 
  47. "Premier league debut vs Arsenal". Instagram. 
  48. "Marcus Rashford scoops Under-18s award". Official Manchester United Website. 
  49. "FourFourTwo's 59 Best Under-21 Wonderkids in the World". FourFourTwo. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar