Elena Candia

política galega
(Redirección desde «María Elena Candia López»)

Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG. Actualmente é Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia e concelleira no Concello de Lugo.

Elena Candia
Nome completoElena Candia López
Nacemento3 de febreiro de 1978
Lugar de nacementoMondoñedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado.[2]

Presidenta da Deputación editar

Así mesmo foi elixida presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE) rebelouse contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos.[3] En outubro, unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo.[4]

Outros cargos editar

En xullo de 2020 foi elixida parlamentaria no Parlamento de Galicia como cabeza de lista por Lugo. Dende o 24 de maio de 2022, foi a vicepresidenta primeiro da cámara galega. A nivel orgánico é a presidenta do PPdeG na provincia de Lugo dende marzo do 2016. Nas eleccións municipais de 2023 o seu partido elixiuna como a candidata á alcaldía de Lugo,[5] sendo elixida concelleira de Lugo.

 
Nunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro en 2024

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[6]

Predecesor:
Orlando González Cruz
 
Alcaldesa de Mondoñedo

2015 - 2020
Sucesor:
Manuel Ángel Otero Legide
Predecesor:
Xosé Ramón Gómez Besteiro
 
Presidenta da Deputación Provincial de Lugo

Entre xuño e outubro de 2015
Sucesor:
Darío Campos Conde

Notas editar

  1. Ficha na Deputación de Lugo
  2. Sande, Miguel (2015-06-14). "Quien lo disfrutó y vivió con emoción fue Elena Candia en Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  3. Sueiro, Marcos (2015-06-24). "La popular Elena Candia, nueva presidenta de la Diputación de Lugo gracias a un alcalde socialista". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  4. Lombao, David (2015-10-08). "Martínez cumpre á segunda e permite que PSdeG e BNG recuperen a Deputación de Lugo". Praza Pública. Consultado o 2024-01-24. 
  5. "A candidata para a alcaldía de Lugo polo PP, Elena Candia, promete unha Concellaría de Maiores e unha administración “máis accesible". Lugo Xornal. 4 de xaneiro de 2023. 
  6. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar