Abrir o menú principal

Manuel Novoa Costoya

xornalista e escritor galego

Manuel Novoa Costoya, nado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1865 e finado en Buenos Aires, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Novoa Costoya
Nacemento2 de xullo de 1865
 Santiago de Compostela
Falecemento?
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi alumno da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e despois pasou ao Instituto de Santiago. Comezou a súa actividade xornalística colaborando en El Porvenir e El Libredón, e foi redactor de El Ciclón e El Huracán. Emigrou a Arxentina, onde colaborou en El Eco de Galicia, Correo Gallego, Nova Galicia, Correo de Galicia, El Heraldo Gallego e Correo de España e dirixiu e redactou o Boletín del Centro Gallego de Buenos Aires. Fundou e dirixiu as revistas Galicia Literaria, Galicia en América e Aires d’a Miña Terra. Presidiu o Ateneo Rosalía de Castro (1904), fundou o Orfeón Gallego de Buenos Aires e foi membro correspondente da Real Academia Galega.

ObrasEditar

  • A volta da romería de Santa Xusta (drama lírico).
  • Unha boda na Ulla (zarzuela).
  • Amor que retorna (comedia).
  • Cousas do viño (diálogo)
  • De ruada.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar