El Heraldo Gallego (Buenos Aires)
El Heraldo Gallego foi un semanario editado en Buenos Aires de 1906 a 1950.
El Heraldo Gallego | |
---|---|
Fundación | 15 de setembro de 1905 |
Remata | 1950 |
Fundador | Julio de la Cuesta |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Buenos Aires |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarSubtitulado Órgano de las colectividades gallegas en el Plata, apareceu o 15 de setembro de 1906. Estaba dirixido por Julio de la Cuesta e Ricardo Valcarce era o subdirector. Ofrecía información sobre Galicia e a colectividade emigrada no Río da Prata. Incluía colaboracións literarias na sección "Páxina enxebre". Redactada maioritariamente en castelán, entre os seus colaboradores figuraban Antonio Noriega Varela, Antón Villar Ponte, Avelino Rodríguez Elías, Manuel Linares Rivas, Fortunato Cruces, Isaac de Montenegro e Galo Salinas. En 1932 apareceu cun novo subtítulo: El periódico gallego de mayor circulación en la Argentina y el Uruguay. Cesou a súa publicación en 1950.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Heraldo Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Heraldo Gallego, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. pp. 143–144. ISBN 84-87172-30-X.