Manuel Goded
Manuel Goded Llopis, nado en San Xoán de Porto Rico o 15 de outubro de 1882 e finado en Barcelona o 12 de agosto de 1936, foi un militar español que participou na Guerra do Rif e ao comezo da Guerra Civil española.
Traxectoria
editarCarreira militar
editarNaceu o 15 de outubro de 1882,[1] en San Xoán de Porto Rico, no seo dunha familia de tradición militar e de orixe francesa.[2] O seu pai era un comandante de artillaría. No momento en que Goded naceu, Porto Rico aínda era territorio español; tras a guerra hispano-estadounidense a familia de Goded retornou á España peninsular.
Goded empezou a súa carreira militar ao catorce anos, ingresando na Academia de Infantaría de Toledo en 1896. En 1905 chegou a ser capitán do Estado Maior. Como moitos militares da época, ascendeu por mérito de guerra grazas á guerra de Marrocos; en 1924 ascendeu a coronel, e dous anos despois foi ascendido ao rango de xeneral de brigada.[1]
Goded dirixiu o desembarco anfibio na baía de Alhucemas no que se coñece como batalla de Alhucemas e que foi considerado como o principio do fin da rebelión do Rif. En 1927, a rebelión remataou e España recuperou o territorio perdido do Protectorado. Goded foi ascendido a xeneral de brigada e, de seguido, foi nomeado xefe do estado maior do Exército Español de África. E despois a xeneral de división.
Aínda que inicialmente apoiou o réxime do xeral Primo de Rivera,[3] posteriormente participou en intrigas contra el, polo que foi xulgado por traizón e pasou á reserva.[4] En 1930 exerceu en varias ocasións, de forma interina, as funcións de ministro do Exército —en substitución do xeneral Dámaso Berenguer—.[5]
Segunda República
editarCando chegou a República, Goded foi nomeado xefe do Estado Maior Central do Exército[3] pero, tras a súa implicación no Incidente de Carabanchel[6] en xuño de 1932, foi cesado do seu cargo.[7][a] Pouco despois, participou na «Sanjurjada» do 10 de agosto de 1932, polo que foi de novo retirado da actividade militar por parte do goberno. Tras as eleccións de novembro de 1933, foi amnistiado polo goberno de Alejandro Lerroux e regresou ao exército.
En outubro de 1934, colaborou con Franco por orde do goberno republicano na represión da revolta de Asturias, tras o que o goberno radical-cedista nomeouno director xeneral de Aeronáutica e xefe da III Inspección do exército. En 1935, ingresou na clandestina Unión Militar Española, formando parte da súa Xunta Central volvendo a retomar os contactos co resto dos xenerais que estiveran implicados no intento de golpe de 1932.[8]
A principios de 1936, coa Fronte Popular no poder, as sospeitas dunha nova conspiración e a súa falta de sintonía co novo goberno motivou que fose afastado de Madrid, sendo enviado como comandante xeral a Baleares, na confianza de que esta xefatura (afastada dos grandes centros de poder e con poucas tropas ao seu mando) impediríalle realizar algunha revolta contra o goberno.
Implicado na conspiración militar que deu lugar á Guerra civil, Goded foi designado para facerse cargo da xefatura da rebelión en Barcelona.[9]
Guerra Civil Española
editarA mañá do 19 de xullo de 1936, tras producirse a sublevación dalgunhas guarnicións militares, Goded declarou o estado de guerra e sublevou o arquipélago. En pouco tempo logrou facerse co control das illas de Mallorca e Eivisa,[10] sen moita dificultade. Tal e como se acordou, Goded marchou cara a Barcelona nun hidroavión —escoltado á súa vez por unha escuadrilla de hidroavións– para dirixir a sublevación militar de Barcelona.[11] Tras chegar a Barcelona, Goded logrou destituír e arrestar ao xeneral Francisco Llano de la Encomienda, comandante da IV División Orgánica, pero fracasou no seu intento de tomar o control da cidade.[12] Ante a situación de bloqueo, e tras os duros combates que tiveron lugar, Goded acordou renderse.[13] Foi arrestado polas autoridades republicanas na tarde do mesmo 19 de xullo, sendo obrigado a confesar por radio o fracaso do levantamento e a súa rendición:
A sorte foime adversa e caín prisioneiro; se queredes evitar que continúe o derramamento de sangue, quedades ceibes do compromiso que comigo tiñades.[14]
A súa voz ouviuse en toda España e deu ánimos aos partidarios da República no resto do país.[14]
Consello de Guerra
editarPouco despois foi levado ao barco-prisión Uruguai xunto a outros rebeldes capturados, onde quedou encarcerado.[15] Ás 7 a.m. do 11 de agosto de 1936, celebrouse a bordo do buque o Consello sumario de guerra contra os ex xenerais Manuel Goded Llopis e Álvaro Fernández Burriel, como xefes da sublevación militar na área catalá. O tribunal estaba formado polo presidente, Guillermo de la Peña Cusí (coronel de infantaría), o coronel de infantaría Josep Puñet Morales, o tenente coronel de infantaría Nicolás Martínez Sosuza e Carlos Redondo Flores, o enxeñeiro tenente coronel Mario Giménez Ruiz e Josep Combelles Burgos, como viceportavoz, comandante de infantaría. O primeiro xuíz instrutor foi o coronel de cabalería Carlos Caballero Méndez. O primeiro tenente interventor Pere Rodríguez Gomà actuou como fiscal. A cargo da defensa dos procesados, o comandante de Estado Maior Antonio Aymat Mereca e, como suplente, o capitán Antonio Sánchez Bravo.
Tras pronunicarse a expresión "Audiencia Pública", o xuíz instrutor leu a acusación e comezou o testemuño do capitán xeneral da gornición de Barcelona, xeneral Llano de la Encomienda, do xeneral da Garda Civil José Aranguren a algúns militares procesados. A seguir, o fiscal, nun discurso, solicitou a pena de morte para os acusados e, pouco despois, falou o defensor. Contra as 11:00 a.m., o Consello, rematara e o Tribunal pasou a se reunir en sesión secreta. Pouco despois, dictaminouse a condena a morte[16][17]e informouse ás partes a ao Auditor. Ao día seguinte, 12 de agosto, Manuel Goded foi fusilado xunto a outros militares (como Álvaro Fernández Burriel) nos foxos do Castelo de Montjuïc.[16][18]
En palabras de Payne, a morte de Goded, non só decapitou o golpe en Barcelona e Cataluña senón que tamén eliminou a un dos principais rivais persoais e políticos do eventual líder do movemento, Francisco Franco.[19]
Notas
editar- ↑ Aínda que Stanley G. Payne sinala que Goded dimitiu en solidariedade cos seus compañeiros destituídos.[6]
- ↑ 1,0 1,1 Cabanellas 1973, p. 440.
- ↑ de Arce 1998, p. 271.
- ↑ 3,0 3,1 Romero Salvadó 2013, p. 151.
- ↑ Robinson 1970, p. 28.
- ↑ de Urquijo Goitia 2008, p. 114.
- ↑ 6,0 6,1 Payne 1993, p. 98.
- ↑ González Calleja 2011, p. 293.
- ↑ Martínez Bande 2007, pp. 308-309.
- ↑ Aróstegui 2006, p. 89.
- ↑ de Arce 1998, p. 269.
- ↑ Thomas 1976, p. 260.
- ↑ Romero Salvadó 2013, p. 72.
- ↑ 14,0 14,1 Thomas 1976, p. 261.
- ↑ Alcalá 2007, p. 223.
- ↑ 16,0 16,1 Preston 2013, p. 314.
- ↑ Alcalá 2007, p. 221.
- ↑ Thomas 1976, p. 275.
- ↑ Payne 1987, p. 101, nota 27.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Goded |
Bibliografía
editar- Alcalá, César (2007). Las checas del terror. Madrid: LibrosLibres. ISBN 978-84-96088-59-7.
- Cabanellas, Guillermo (1973). La guerra de los mil días: nacimiento, vida y muerte de la II República Espanola II. Grijalbo.
- De Arce, Carlos (1998). Los generales de Franco. Seuba Ediciones.
- Hurtado, Víctor (2011). La sublevación. Barcelona: DAU. ISBN 978-84-936625-6-1.
- Martínez Bande, José Manuel (2007). Los anos críticos: República, conspiración, revolución y alzamiento. Madrid: Encuentro. ISBN 84-306-0487-1.
- Navajas Zubeldia, Carlos (2001). "La salvaguardia de lo permanente. Las extremas derechas militares en la España del siglo XX". Hispania 61 (207): 69–98. ISSN 0018-2141.
- Payne, Stanley G. (1993). Spain's First Democracy: The Second Republic, 1931-1936 (en inglés). Madison: The University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-13670-1.
- Payne, Sanley G. (1987). The Franco Regime, 1936–1975 (en inglés). Madison: University of Wisconsin. ISBN 978-0299110703.
- Preston, Paul (2013). El Holocausto Espanol. Odio y Exterminio en la Guerra Civil y después. Barcelona: Debolsillo.
- Robinson, Richard A.H. (1970). The Origins of Franco's Spain – The Right, the Republic and Revolution, 1931–1936 (en inglés). Pittsburg: University of Pittsburgh Press.
- Romero Salvadó, Francisco J. (2013). Historical Dictionary of the Spanish Civil War. Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-8009-2.
- Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Espanola. Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 9788497598323.
- Urquijo Goitia, José Ramón (2008). Gobiernos y ministros espanoles en la edad contemporánea. Madrid: CSIC.
Outros artigos
editarPredecesor: Non tivo (Órgano disolto en 1925) Valeriano Weyler |
Xefe do Estado Maior Central do Exército 1931-1932 |
Sucesor: Carlos Masquelet (en 1933) |