Manuel Celso Matalobos

escritor galego
(Redirección desde «Manuel Celso Matalobos Cerceda»)

Manuel Celso Matalobos Cerceda, nado en Lugo o 1 de abril de 1959, é un escritor galego.

Modelo:BiografíaManuel Celso Matalobos
Biografía
Nacemento1 de abril de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, catedrático Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1024820 BUSC: matalobos-cerceda-manuel-celso-1959 Dialnet: 5601488

Traxectoria

editar

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu de catedrático de lingua galega e literatura no IES Lucus Augusti, centro sobre o que leva publicado numerosos traballos de carácter multidisciplinar.

Foi tamén profesor de Didáctica no ICE da Universidade de Santiago, coordinador provincial do Gabinete da Reforma Educativa e coordinador docente de Galego da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Colabora en diversos xornais e revistas, como Dorna, Grial, O Libelo, Pazo das Musas ou Xistral. Ten coordinado edicións de textos escolares para ESO e Bacharelato e a colección Cadernos para o ensino, e, tamén publicou varios traballos sobre autores galegos: Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Álvarez Blázquez.

Poesía

editar
  • Prestixio. Versos sen nicotina, 2003, Grafinco.
  • Retratos literarios, 2005, IES Lucus Augusti.
  • Elementos de Arquitectura Senti_MENTAL-ista, 2007, Bubela.

Ensaio

editar
  • Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa, 1985, Concello de Lugo.
  • Lingua e publicidade, 1993, Xunta de Galicia.
  • Humorismo e lírica satírica, 1996, IES Lucus Augusti, vídeo.
  • Olladas ó Lucus Augusti, 2003, Xunta de Galicia.
  • Papel e pincel. Pintores e escultores do Instituto de Lugo, 2004, Xunta de Galicia.
  • Autores do Instituto de Lugo, 2005, Xunta de Galicia.
  • Xosé María Álvarez Blázquez, 2008, Concello de Lugo.

Obras colectivas

editar

Premios

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar