Manuel Acuña Malvar

relixioso e escritor galego

Manuel Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 16 de abril de 1757 e finado en Artes (Ribeira) o 1 de marzo de 1845, foi un relixioso e escritor galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Pedro Acuña Malvar.

Manuel Acuña Malvar
Nacemento16 de abril de 1757
Lugar de nacementoSalcedo
Falecemento1 de marzo de 1845
Lugar de falecementoArtes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote e escritor
IrmánsPedro Acuña Malvar
Na rede
Galiciana: 3257
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Foi sacerdote en Carreira (Ribeira), cóengo da catedral de Santiago e arquidiácono do Salnés. Cabaleiro da Orde de Carlos III, foi tamén gobernador de Tui.

A comezos do século XIX apoiou a aparición na Universidade de Santiago de Compostela dun grupo liberal da man de Bazán de Mendoza e González Varela[1]. Porén, o grupo foi perseguido polo arcebispo Múzquiz, e en 1803 foi desterrado a Aniago (provincia de Valladolid).

Cando comezou a Guerra da Independencia Española atopábase en Sevilla. En xaneiro de 1809 reuniuse no Castelo de Monterrei canda ao tenente coronel Manuel García del Barrio e o alférez Pablo Morillo. A Xunta Suprema do Reino de Galicia comisionounos ante Pedro Caro y Sureda para fomentar a guerrilla en Galiza. Loitou en Tui, Vigo, na batalla de Ponte Sampaio e en Pontevedra en Campolongo e Ponte Boleira. Foi nomeado comisario do Arsenal de Ferrol tras llo arrebatar ás tropas francesas. Rematada a guerra regresou a Sevilla.

Comezou a colaborar coa prensa liberal, como El Ciudadano por la Constitución da Coruña ou El Patriota Compostelano e La Gaceta Marcial de Santiago, desde os cales atacou a Múzquiz e ao cabido acusándoos de absolutistas. Tralo regreso ao trono de Fernando VII foi encarcerado seis anos no convento de Herbón canda a Diego Muñoz Torrero. En 1820 foi liberado polas tropas ao mando do coronel Acevedo, mais foi apresado de novo pouco despois. Xa maior, retirouse á unha propiedade en Artes, chamada La Soledad.

Notas Editar

  1. Barreiro Fernández, X. R. (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma. ISBN 84-300-6423-0.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar