Mandarín
O mandarín[1] (北方話[2], 北方话[3], běifāng huà [4], "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste da China continental.
Mandarín 北方话, běifāng huà | ||
---|---|---|
Pronuncia: | "běifāng huà", de acordo coas regras do pinyin | |
Outros nomes: | 北方話 en escrita chinesa tradicional | |
Falado en: | República Popular da China, Taiwán (Formosa), Singapur | |
Rexións: | Leste de Asia | |
Total de falantes: | 885 millóns | |
Posición: | 1 | |
Familia: | Sino-tibetana Linguas chinesas Mandarín | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | o mandarín estándar (普通话/pǔtōnghuà) é oficial na República Popular da China, Taiwán (Formosa), Singapur | |
Regulado por: | sen regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | zh
| |
ISO 639-2: | chi (B) | zho (T) |
ISO 639-3: | cmn
| |
SIL: | CHN
| |
Mapa | ||
Status | ||
Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a do mandarín estándar ou padrón (普通話[2] / 普通话[3], pǔtōnghuà[4], "lingua común", tamén chamada 漢語[2] / 汉语[3], hànyǔ[4], "lingua dos Hàn" [5], o cal se refire á lingua oficial da República Popular da China desde 1956, a lingua oficial de Taiwán (Formosa), e unha das catro linguas oficiais de Singapur.
O mandarín escríbese por medio de sinogramas, que son susceptíbeis de ser transcritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en pinyin (como na maioría dos artigos da Wikipedia), mais tamén en bopomofo.
O mandarín (a miúdo chamado simplemente chinés) é a lingua máis falada do mundo (debido á elevada poboación da China). Porén, aínda cando hoxe é ensinado a todos os chineses, os máis vellos non falan todos o mandarín senón outras linguas chinesas, como o cantonés, ou distintas como o tibetano ou o mongol. O mandarín, que os dirixentes comunistas designaron como a lingua vehicular da súa nación enteira (de aí o termo pǔtōnghuà, «lingua común»), era primitivamente o idioma das comunidades chinesas do norte do país. Mesmo posuíndo unha antiga historia literaria, o mandarín non deriva da lingua clásica literaria e artificial (文言 wényán), abandonada en 1919, logo de ter sido utilizada como lingua escrita oficial e literariamente durante máis de dous mil anos; por contra, foi dunha lingua vernácula falada (白話 báihuà, «lingua simple») da que procede o mandarín. En 1956, foi a variante de Pequín a promovida ao rango de lingua oficial, sendo considerada a miúdo como a variante patrón deste idioma. O mandarín de Pequín posúe, porén, peculiaridades (como a utilización frecuente da retroflexión vocálica marcada por medio do sufixo -er) e dise tamén que os pequineses teñen un «acento». O mandarín dun taiwanés será, porén, moi pouco diferente do dun pequinés.
Fóra da China, hai importantes comunidades chinesas que comparten esta lingua, a cal é ensinada en numerosos colexios e universidades do mundo.
Como as outras linguas chinesas, é unha lingua de tons. Emprega catro tonemas, que cambian o sentido ou significado da palabra, alto e chan, ascendente, lixeiramente descendente logo ascendente (modulado) e descendente.
Os tons son representados na China por tiles sobre das vogais das sílabas da escrita romanizada dita pinyin e, en Taiwán, polas mesmas tiles sobre dos grafemas do bopomofo. Tamén se utiliza o número do ton no final da sílaba cando as dificultades técnicas (teclado etc) impiden colocar ou ler os tiles.
Denominacións
editarO termo galego -usado tamén noutras linguas europeas- procede do portugués mandarim (á súa vez tomado do malaio mentari ou mantari, neste idioma é empréstito do sánscrito mantrin-, é dicir «ministro») ; é a tradución do chinés 官話/官话 guānhuà, que significa literalmente « lingua dos mandaríns » (maxistrados do Imperio chinés). O termo guānhuà considérase unha denominación arcaica polos sinófonos de hoxe en día.
Na República Popular da China, a lingua é nomeada 普通話[2] / 普通话[3], pǔtōnghuà[4], «lingua común» ou 國語[2] / 国语, guóyǔ[3], {{{3}}}[4] «lingua nacional». En Taiwán denomínase oficialmente 國語[2] / 国语[3], guóyǔ[4]. Nas comunidades chinesas do estranxeiro, especialmente no Sueste asiático, a lingua é coñecida como 華語[2] / 华语[3], huáyǔ[4], «lingua chinesa» 華[2] / 华 [3], huá[4] é unha palabra que designa de xeito principal a cultura chinesa). O termo Hanyu 漢語 sinala o conxunto dos dialectos da etnia Han, e non só o mandarín: así, o cantonés é unha variante do Hanyu, («lingua dos Han»), do mesmo rango que o mandarín. Pola súa pronunciación (especialmente a presenza ou non de consoantes finais diferentes de n), os distintos dialectos poden ser máis ou menos próximos ao chinés arcaico. A este respecto, o hakka e o cantonés están máis próximos á lingua orixinal do que o mandarín.
Variantes gramaticais e lexicais
editar- Artigo principal: Dialectos mandaríns.
Dende un punto de vista oficial, como xa se dixo, hai dúas variantes mandaríns, posto que o goberno de Pekín refire o mandarín do continente como se fose apǔtōnghuà, «lingua común», mentres que o goberno de Taipei cita a súa lingua oficial como kuo-yü (國語[2] / 国语[3], guóyǔ[4]), «lingua nacional». Oficialmente, o pǔtōnghuà inclúe as pronuncias de varias rexións, mentres que o kuo-yü está baseado teoricamente só sobre os fonemas do mandarín de Pekin. A comparación entre os dicionarios das dúas zonas mostra que ha algunhas diferenzas substanciais. Porén, ambas as dúas versións do mandarín escolar son abondo diferentes do mandarín coloquial, que de feito se fala, o cal sufriu o influxo das variantes rexionais.
Aínda máis, todas as variantes do mandarín non son directa e mutuamente intelixíbeis. Para ser máis precisos, segundo o SIL (Summer Institute of Languages):
Porén, os falante educados que viven nas cidades do Suroeste, como Guilin e Kunming falan un pǔtōnghuà bastante correcto en lugar da súa lingua ancestral.
Na China do Norte, en Sichuan, e noutras áreas onde se fala a lingua do Norte, denominadas « variantes locais do mandarín », é de feito unha das linguas maternas dos falantes desas zonas. A educación masiva no mandarín non eliminou as diferenzas rexionais anteriores. No Sur, as interferencias entre o mandarín e outras lingua chinesas deron lugar a aparición de versións locais da lingua do Norte, que son abondo diferentes do mandarín oficial padrón, tanto na pronunciación como na gramática. Por exemplo, o mandarín falado en Taiwán polos estudantes que falan taiwanés (un dialecto de min do Sur) ou hakka, como lingua materna, é polo xeral realizado cunha gramática e un acento que o fan diferente do kuo-yü normalizado, orixinando unha versión do mandarín comunmente denominado mandarín de Taiwán.
Pese a que o mandarín sexa considerado como a lingua estándar, falar mandarín sen acento local, ou usar o mandarín en lugar do dialecto local, pode facer pasar o locutor como un estranxeiro ou como alguén non normal. De aí que a maior parte dos falantes, incluídos os dirixentes políticos, non se esforcen en falar o mandarín consonte o acento padrón oficial.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mandarín.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Escrita chinesa tradicional
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Escrita chinesa simplificada
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Transcrición pinyin
- ↑ Os Hàn é a etnia maioritaria na China
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: China |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dicionario Chinés mandarín -Portugués
- (en inglés) Multilingual Chinese dictionary Dicionario online de lingua chinesa.
- (en inglés) Chinese-English dictionary Dicionario online Mandarín/Inglés e Inglés/Mandarín.