Ludwik Lejzer Zamenhof
Ludwik Lejzer Zamenhof (polaco: Ludwik Łazarz Zamenhof, esperanto: Ludoviko Lazaro Zamenhof), nado en Białystok o 15 de decembro de 1859 e finado en Varsovia o 14 de abril do 1917, foi un oftalmólogo polaco, creador da lingua internacional esperanto.
Ludwik Lejzer Zamenhof | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Лейзеръ Заменговъ |
Alcume | Doktoro Esperanto, Gamzefon, Unuel, Anna R., Homo sum, Amiko e Hemza |
Nacemento | 15 de decembro de 1859 |
Lugar de nacemento | Białystok |
Falecemento | 14 de abril de 1917 |
Lugar de falecemento | Varsovia |
Soterrado | cemitério judeu de Varsóvia e grave of L. L. Zamenhof |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Etnia | Pobo xudeu |
Relixión | homaranismo e xudaísmo |
Alma máter | Professors of the medical faculty of Moscow University e Imperial University of Warsaw |
Ocupación | lingüista, oftalmólogo, inventor, poeta, tradutor, esperantista, médico, médico escritor, tradutor da Biblia e esperantólogo |
Pai | Markus Zamenhof |
Nai | Rozalia Zamenhof |
Cónxuxe | Klara Zamenhof |
Fillos | Lidia Zamenhof, Adam Zamenhof e Zofia Zamenhof |
Irmáns | Ida Zamenhof, Fejgla Zamenhof, Mina Zamenhof, Aleksander Zamenhof, Henryk Zamenhof, Leon Zamenhof, Felix Zamenhof, Hersz Zamenhof, Aŭgusta Hermelin e Sora Dwora Zamenhof |
Coñecido por | Unua Libro, Dua Libro, Fundamento de Esperanto, Ho, mia kor', esperanto e homaranismo |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra, Presidente Honorário da Associação Universal de Esperanto e Comendador da Ordem de Isabel a Católica |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Zamenhof naceu e criouse na cidade de Białystok, que naquela época formaba parte do Imperio Ruso mais na actualidade pertence a Polonia. Zamenhof formaba parte da comunidade xudía, que a finais do século XIX constituía o 66 % da poboación da cidade, xunto cun 18 % de polacos, un 8 % de rusos non xudeus, un 6 de alemáns e un 2 % de bielorrusos. Nela falábanse moitas linguas, polo que había dificultades para a comprensión entre as diversas culturas. Isto motivouno para buscar unha solución ao problema, e co paso dos anos foi desenvolvendo o esperanto nun proceso longo e laborioso.
Os seus tres fillos foron asasinados polos nazis durante o Holocausto.
Desenvolvemento do esperantoEditar
O seu empeño por acadar unha lingua franca mundial continuou malia que no ano 1879 aparecera o volapük, resultado do traballo doutra persoa, Johann Martin Scleyer, nun proxecto de crear unha linguaxe internacional. Zamenhof aprendeu o volapük, mais os defectos desta lingua motivárono mesmo máis para proseguir cos seus planos.
Finalmente, no ano 1887 e coa axuda económica de seu cuñado, logrou publicar un libriño no que expuña os principios da "lingua internacional", co pseudónimo de Doktoro Esperanto ('Doutor Esperanzado'), palabra que acabou por converterse no nome da súa creación.
PoliglotismoEditar
Maila que a súa formación profesional estaba afastada do campo da lingüística, dado que se formou e traballou coma médico oftalmólogo, contaba cun talento natural para a aprendizaxe de linguas; os seus idiomas natais eran o ruso, o polaco e o yiddish, aínda que tamén falaba con fluidez o alemán. Posteriormente aprendeu latín, hebreo, francés, grego e inglés, así coma nocións básicas de castelán e italiano. Maila todo, sempre considerou o ruso coma a súa lingua materna.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ludwik Lejzer Zamenhof |
- Biografía de Zamenhof, na páxina da Federación Española de Esperanto.
- Zamenhof, L. L. (Ludwik Lejzer) (1888). Lingvo internacia. Antaŭparolo kaj plena lernolibro, en Proxecto Gutenberg.
- "El hombre que desafió a Babel", libro de René Centassi e Henri Masson.
- Novela biográfica "Doctor Esperanto" de Maria Ziółkowske en pdf.