Luís Soto

político e xornalista galego
(Redirección desde «Luís Soto Fernández»)

Luís Soto Fernández, nado en Podentes (A Bola) o 7 de decembro de 1902 e finado en Cidade de México o 12 de novembro de 1981, foi un político e xornalista galego.

Luís Soto
Nacemento7 de decembro de 1902
Lugar de nacementoPodentes
Falecemento12 de novembro de 1981
Lugar de falecementoCidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Con catro irmáns, estudou o Bacharelato en Celanova e despois emigrou a Arxentina. Regresou e fíxose mestre, e deu clase en Buscalque (Lobios)[1][2], Penosiños e Mondariz (1934-1936). Comezou a súa traxectoria política no PCE durante a II República Española. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense.[3] Agochouse disfrazado de crego en Vilanova dos Infantes. Despois pasou a Tourém (Portugal), e de aí a Lisboa e despois a Francia. Logo no exilio foi secretario de Castelao durante a súa viaxe aos Estados Unidos de América. Despois exiliouse en México, arribando a Nuevo Laredo o 18 de xullo de 1939.[4] Tivo unha pequena participación na Revolución Cubana ao enviar o primeiro material médico os guerrilleiros de Serra Maestra. En 1960 autorizaron a súa entrada en España, pero en 1966 foi expulsado e non puido regresar ata a morte de Franco.

 
Monumento en recordo de Luís Soto

Foi un dos fundadores da UPG en 1964, marchando dela en 1976 xunto con outros militantes para fundar a UPG-liña proletaria logo rebautizada como Partido Galego do Proletariado, partido marxista-leninista e independentista galego.

 
Placa en homenaxe a Luís Soto en Lobios

Actividade xornalística editar

Con 17 anos publicou na Arxentina El Eco, de tendencia socialista. En Galicia dirixiu o periódico El Soviet en 1931, e colaborou en Escuela del Trabajo e Ateo. En México colaborou en España Popular, Nuestra Bandera, Loita, Boletín Galego de Información, Saudade e foi o principal animador da revista Vieiros, xunto a Carlos Velo, Arturo Souto e Florencio Delgado Gurriarán.

Obras editar

  • Castelao, a UPG e outras memorias, 1983.

Homenaxes editar

  • Dedicóuselle unha rúa no concello de Celanova.

Notas editar

  1. "Celanova conquista Lobios". 20/09/2014. Consultado o 19/04/2023. 
  2. "Lobios se suma al camino que homenajea a Luís Soto". 20/09/2014. Consultado o 19/04/2023. 
  3. "Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6.
  4. Ficha en Departamento de Migración de México

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar