Luís Espada Guntín

político galego

Luís Espada Guntín, nado en Ourense o 4 de decembro de 1858 e finado en Madrid en 1937, foi un avogado e político galego, ministro de Instrución Pública e Belas Artes e de Fomento durante o reinado de Afonso XIII.

Modelo:BiografíaLuís Espada Guntín

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Luis Espada Guntín Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1858 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1937 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

27 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Ourense
Ministro de Fomento de España
29 de decembro de 1920 – 13 de marzo de 1921
← Emilio Ortuño y BerteJuan de la Cierva Peñafiel →
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España
5 de maio de 1920 – 2 de setembro de 1920
← Natalio Rivas Santiago (en) TraducirVicente Cabeza de Vaca y Fernández de Córdoba (mul) Traducir →
Ministro de Fomento de España
25 de outubro de 1915 – 9 de decembro de 1915
← Francisco Javier Ugarte PagésAmós Salvador (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Espada Novoa Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de José Espada Novoa, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade Central de Madrid. En 1880 foi nomeado letrado do Ministerio de Graza e Xustiza. Membro do Partido Conservador, iniciou na súa carreira política á sobra dos Bugallal. Traballou como pasante no bufete de Saturnino Álvarez Bugallal e este conseguiulle a súa primeira acta de deputado por Ourense (1884-1886); despois foi elixido polo distrito de Verín (1891-1893) e polo mesmo distrito en todas as eleccións entre 1896 e 1923.

Foi gobernador civil de Cidade Real e Toledo (1891), director xeral de Administración (1900), fiscal do Tribunal de Contas (1903), director xeral de Obras Públicas (1904), vicepresidente do Congreso dos Deputados (1905 e 1914) e subsecretario de Facenda (1907).

Foi ministro de Fomento entre o 25 de outubro e o 9 de decembro de 1915, cargo que volveu ocupar entre o 15 de setembro de 1920 e o 13 de marzo de 1921. Foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes entre o 5 de maio e o 1 de setembro de 1920.

En 1923 foi nomeado presidente do Tribunal de Contas do Reino, cargo do que foi deposto coa Ditadura de Primo de Rivera, e que volveu ocupar en 1930.

Durante a II República, nas eleccións xerais de 1936, volveu obter un escano pola provincia de Ourense en representación da CEDA.


Predecesor:
Francisco Javier Ugarte Pagés
  
Ministro de Fomento
 
1915
Sucesor:
Amós Salvador Rodrigáñez
Predecesor:
Natalio Rivas Santiago
  
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
 
1920
Sucesor:
Vicente Cabeza de Vaca Fernández de Córdoba
Predecesor:
Emilio Ortuño Berte
  
Ministro de Fomento
 
1920 - 1921
Sucesor:
Juan de la Cierva Peñafiel

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar