Francisco Javier Ugarte Pagés
Francisco Javier Ugarte Pagés, nado en Barcelona o 24 de febreiro de 1852 e finado en Madrid o 27 de xuño de 1919, foi un avogado e político catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1852 Barcelona, España |
Morte | 27 de xuño de 1919 (67 anos) Madrid, España |
Ministro | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ugarte y Pagés (Francisco Javier), p.457–458) |
Traxectoria
editarMembro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1891. Nas eleccións de 1896 foi elixido polos distritos do Carballiño e Santiago de Cuba. Nas eleccións de 1898 volveu ser elixido por Santiago de Cuba. Volveu obter o escano polo distrito do Carballiño en todos os procesos electorais celebrados entre 1899 e 1903. En 1903 renunciou ao escano de deputado para ocupar unha praza no Senado ao ser nomeado senador vitalicio.
Foi ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena entre o 23 de outubro de 1900 e o 6 de marzo de 1901 nun goberno presidido por Azcárraga co que tamén foi ministro de Graza e Xustiza entre o 16 de decembro de 1904 e o 23 de xuño de 1905. Tamén foi Fomento entre o 27 de outubro de 1913 e o 25 de outubro de 1915 nun gabinete presidido por Eduardo Dato.
Predecesor: Eduardo Dato Iradier |
Ministro de Gobernación 1900 - 1901 |
Sucesor: Segismundo Moret |
Predecesor: Joaquín Sánchez de Toca |
Ministro de Graza e Xustiza 1904 - 1905 |
Sucesor: Joaquín González de la Peña |
Predecesor: Rafael Gasset Chinchilla |
Ministro de Fomento 1913 - 1915 |
Sucesor: Luis Espada Guntín |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Javier Ugarte Pagés |
Ligazóns externas
editar- Ficha no Senado
- Necrolóxica en Boletín de la Real Academia Española, Tomo VI, Cuaderno XXX, 1919, p. 665-670.