Louis-Augustin Bosc d’Antic

(Redirección desde «Louis Augustin Guillaume Bosc»)

Louis Augustin Guillaume Bosc, ou Louis-Augustin Bosc d'Antic,[1] nado en París o 29 de xaneiro de 1759 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1828, foi un botánico, zoólogo (especializado en invertebrados) e entomólogo francés.

Modelo:BiografíaLouis-Augustin Bosc d’Antic

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Louis Augustin Guillaume Bosc Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1759 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xullo de 1828 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, carcinólogo, micólogo, zoólogo, ornitólogo, entomólogo, ictiólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBosc Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPaul Bosc d'Antic Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph-Antoine Bosc d'Antic Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Paul Bosc de Antic (1726-1784), médico e químico, estudou en Dijon, onde foi alumno do botánico Jean-François Durande (1732-1794) e do químico Louis-Bernard Guyton de Morveau (1737-1816). Incapaz de entrar na artillaría, primeiro traballou nos servizos da Fiscalía xeral en 1777 e despois na intendencia de Correos, onde chegou a ser Secretario xeral en 1778. A continuación segue os cursos de botánica de Antoine-Laurent de Jussieu (1748-1836) onde coincide con René Desfontaines (1750-1831) e con Pierre Marie Auguste Broussonet (1761-1807). Tamén frecuentou a célebre parella Jean Marie Roland (1734-1793) e madame Roland (1754-1793), e mantén relacións con Johan Christian Fabricius (1745-1808).

Rexeita embarcarse con Jean-François de La Pérouse (1741-1788) na súa expedición ao redor do mundo. Xunto a André Thouin (1746-1824), Pierre Marie Auguste Broussonet (1761-1807), Aubin-Louis Millin de Grandmaison (1759-1818) e Pierre Willemet (1762-1824), Bosc de Antic participou, en 1787, na fundación da primeira Sociedade linneana do mundo, a Société linnéenne de Paris. Pronto se lles uniron outros eminentes naturalistas. A sociedade disolveuse en 1789. Tamén participou activamente na Société philomatique.

 
Pedra mortuoria na súa sepultura.

Roland permitiulle conseguir un traballo nun posto mellor, de administrador de Correos, pero a caída en desgraza do ministro o arrastra, sendo despedido o 14 de setembro de 1793.[2]. Bosc de Antic únese ao Club dos xacobinos. Refuxiouse no Priorado de Sainte Radegonde, no bosque de Montmorency (Val do Oise), que albergaba a unhas poucas persoas perseguidas polo Terror, como Roland, Masuyer e Louis-Marie de La Révellière-Lépeaux (1753-1824), ocupándose sempre da historia natural}. Salva a Louvet, esconde as memorias de Barbaroux, protexe a madame Roland e convértese en titor de Eudora Roland, a filla de Roland. Tamén vive naqueles momentos nas montañas que separan as concas do Marne e o Sena, entre Langres e Châtillon.[3]. Despoois, La Révellière-Lépeaux, convertido en membro do Directorio, lle permite partir para Estados Unidos de América, primeiro como vicecónsul en Wilmington en 1797, e despois como cónsul de Nova York en 1798. Bosc segue a dedicar o seu tempo ao estudo da historia natural, formando grandes coleccións.

 
Cemiterio de Bosc, no bosque de Montmorency, Val do Oise.

Bosc d'Antic debe volver a Francia, en 1800, e chega a ser durante un tempo administrador dos hospicios e prisións, así como do Monte de Piedade. Fixo viaxes a Suíza e Italia, onde realizou observacións científicas, traendo con el unha colección de peixes petrificados, ofrecida pola cidade de Verona ao xefe do Estado para o Museo de historia natural.[3]. Obtén en 1803, grazas a Georges Cuvier (1769-1832), o posto de inspector dos xardíns e viveiros de Versalles, e en 1806 dos viveiros que dependían do Ministerio do Interior.

Doou as súas coleccións aos seus amigos naturalistas. Así, Fabriciis e Guillaume-Antoine Olivier (1756-1814) recibiron as dps seus insectos, François Marie Daudin (1774-1804) as de avess, Pierre André Latreille (1762-1833) as de réptiles e a Lacépède (1756-1825) as de peixes. Tamén foi amigo e protector do naturalista Jean Baptiste Bory de Sainr-Vincent (1778-1846) e de Jean Marie Léon Dufour (1780-1865).

En 1806 foi elixido membro da Academia de Ciencias na sección de economía rural, introdúcese no Instituto, antes de entrar máis tarde no Consello de Agricultura e na Xunta Directiva da escola de Veterinaria de Alfort. En 1815 foi secretario de Carnot e en 1819 conselleiro de agricultura de Decazes. En 1825 sucedeu a André Thouin (1746-1824) na cátedra de Cultura no Museo Nacional de Historia Natural de París.

Enfermo desde o ano 1820, morreu en 1828. Bosc d'Antic está enterrado nun pequeno cemiterio situado no bosque de Montmorency, bosque aberto ao público, na comuna de Saint-Prix no Val do Oise.

Abreviaturas

editar
  • A abreviatura Bosc emprégase para indicar a Louis-Augustin Bosc d’Antic como autoridade na descrición clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Bosc emprégase para indicar a Louis-Augustin Bosc d’Antic como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. Algunhas fontes dan Auguste como nome de pía.
  2. Foi despedido o 31 de maio de 1793, debido aos sus vínculos cos xirondinos, segundo Mornay, Petit cours d'agriculture, 1842, tomo V, pp. 21-22.
  3. 3,0 3,1 de Mornay, Petit cours d'agriculture, 1842, tomo V, pp. 21-22.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Benoît Dayrat (2003): Les botanistes et la flore de France, trois siècles de découvertes París: Muséum national d’histoire naturelle de Paris, 690 p. ISBN 2-85653-548-8.
  • Joseph de Mauny de Mornay (1842): Petit Cours d’agriculture, ou Encyclopédie agricole. París: Librairie encyclopédique de Roret.
  • M. Silvestre (1829): "Notice biographique sur M. Louis-Aug.-Guillaume Bosc, membre de l'Institut et de la Société royale et centrale d'agriculture", Mémoires d'agriculture, d'économie rurale et domestique, publiés par la Société royale et centrale d'agriculture.