Kurt Kuhnke
Kurt Kuhnke, nado en Stettin o 30 de abril de 1910 e finado en Braunschweig o 8 de febreiro de 1969, foi un piloto de automobilismo e motociclismo alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1910 Szczecin, Polonia |
Morte | 8 de febreiro de 1969 (58 anos) Braunschweig, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo |
Deporte | automobilismo |
Traxectoria
editarLogo de competir coas motocicletas a finais dos anos 40, Kurt pasouse ás carreiras de automóbiles cun Fórmula 3 Cooper 500 co que correu regularmente nos anos cincuenta con varias vitorias e bos finais. Tamén competiu nalgunhas carreiras de Fórmula Júnior e Fórmula 2 antes de que finalmente se mudase a Fórmula Un, non conseguiu cualificar o Lotus 18 de Wolfgang Seidel na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Pau de 1962 antes de retirarse co mesmo coche do Gran Premio de Solitude de 1962 por unha falla no motor. A primeira aparición do seu Lotus con motor Borgward atrasouse por culpa dos problemas na adaptación do motor e Kuhnke perdeu catro carreiras, empezando a correr na segunda metade da tempada de 1962. Este motor era unha vella unidade de Sports Car, equipado con cámaras dobres e inxección directa de combustible.[1]
En 1963, Kuhnke non conseguiu cualificar o seu Lotus BKL no Gran Premio de Roma, xunto co seu compañeiro de equipo Ernst Maring, e os dous coches sufriron fallos de motor no Solitude Grand Prix en xullo. A súa única participación no Mundial de Fórmula 1 foi no Gran Premio de Alemaña de 1963 onde non conseguiu cualificar por unha marxe considerable. O Lotus BKL era simplemente un Lotus común, lixeiramente modificado por Kuhnke, as iniciais para Borgand Kuhnke Lotus.
Logo disto, retirouse do Kanonloppet no Circuíto de Karlskoga en Suecia con problemas de inxección de combustible, antes de afastarse da Fórmula Un como piloto. Posteriormente presentou dous coches Lotus BKL no Solitude Grand Prix de 1964 para Maring e o piloto alemán de helicópteros Joachim Diel. O coche de Diel foi un dos sete eliminados en accidentes debidos a chuvia na primeira volta, pero Maring conseguiu terminar 10º e último, a catro voltas no líder, foi a única ocasión en que un dos vehículos de Kuhnke rematou unha carreira de Fórmula Un.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962 | Kurt Kuhnke | Lotus 18 | Borgward 4 en liña | NED | MON | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA NCG |
USA | RSA | NC | 0 | |
1963 | Kurt Kuhnke | BKL Lotus 18 | Borgward 4 en liña | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE NSC |
ITA | USA | MEX | RSA | NC | 0 |
Fora do campionato
editar(clave)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962 | Autosport Team Wolfgang Seidel | Lotus 18 | Climax 4 en liña | CAP | BRX | LOM | LAV | GLV | PAU DNQ |
AIN | INT | NAP | MAL | CLP | RMS | SOL Ret |
|||||||
Kurt Kuhnke | Borgward 4 en liña | KAN DNA |
MED NCG |
DIN NCG |
OUL | MEX | RAN | NAT | |||||||||||||||
1963 | Kurt Kuhnke | BKL Lotus 18 | Borgward 4 en liña | LOM | GLV | PAU | IMO | SYR | AIN | INT | ROM NSC |
SOL Ret |
KAN Ret |
MED | AUT | OUL | RAN |
Notas
editar- ↑ Johansson, Lars-Erik (setembro de 1962). "Kanonloppet". Illustrerad Motor Sport (en Swedish) (Lerum, Sweden) (9): 11.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kurt Kuhnke |
Bibliografía
editar- "The Grand Prix Who's Who", Steve Small, 1995.
- "The Formula One Record Book", John Thompson, 1974.