Keyon Dooling

baloncestista estadounidense

Keyon Latwae Dooling, nado o 8 de maio de 1980 en Fort Lauderdale, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogou profesionalmente cos Los Angeles Clippers, Miami Heat, Orlando Magic, New Jersey Nets, Milwaukee Bucks e Boston Celtics.

Keyon Dooling
Posición Base / Escolta
Dorsal 1, 5, 55, 51
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Nacemento 8 de maio de 1980 (43 anos)
Fort Lauderdale, Florida
Carreira
NBA Draft 2000 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Orlando Magic
Tempadas 20002013
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     5 067 (7,0 pp)
Rebotes     964 (1,3 pp)
Asistencias     1 601 (2,2 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Traxectoria editar

Universidade editar

Dooling disputou dúas tempadas na Universidade de Missouri, onde fixo 12,1 puntos, 3,4 asistencias, 2,4 rebotes de media en 28.1 minutos por partido cun 41,1% en tiros de campo, 33,8% en triplas e 73,3% en tiros libres, nun total de 59 partidos. Na súa tempada sophomore liderou aos Tigers en anotación (15.3 puntos), asistencias (3.6) e tapóns, ademais de ser elixido no segundo mellor quinteto da Big 12 Conference e no primeiro quinteto da NABC District 12. Na súa primeira tempada na NCAA foi nomeado no mellor quinteto de freshman da súa conferencia e seleccionado en dúas ocasións mellor xogador da semana da Big 12.

NBA editar

Foi seleccionado no Draft da NBA do ano 2000 na 10ª posición por Orlando Magic, sendo traspasado inmediatamente a Los Angeles Clippers xunto con Corey Maggette, Derek Strong e diñeiro por unha futura primeira rolda do draft. Na súa primeira tempada na NBA promediou 5.9 puntos e 2.3 asistencias en 76 partidos xogados, un deles de titular. Nos Clippers pasou catro campañas coma base suplente sen pasar dos 20 minutos por partido, polo que en 2004 fichou por Miami Heat. En 74 partidos cos Heat, os seus números foron 5.2 puntos, 1.8 rebotes e 1.2 asistencias. Tras non xogar demasiado, asinou con Orlando Magic en verán de 2005, onde cumpriu a súa segunda tempada cun rol similar ao que leva cumprindo ao longo da súa traxectoria na liga.

A súa mellor tempada foi a súa primeira nos Magic, onde asinou 9.4 puntos e 2.2 asistencias en 50 partidos disputados, 7 deles coma titular. O 21 de xullo de 2008 fichou polos New Jersey Nets e o 19 de xullo de 2010 por Milwaukee Bucks.

O 9 de decembro de 2011, Dooling asinou cos Boston Celtics.[1]

O 20 de setembro de 2012, Dooling foi cortado polos Celtics, e posteriormente retirouse do baloncesto profesional.[2][3]

O 3 de abril de 2013, volveu do seu retiro e asinou cos Memphis Grizzlies.[4]

Notas editar

  1. "Celtics Re-Sign Keyon Dooling". NBA.com. 31 de xullo de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2012. 
  2. "Celtics Waive Dooling". nba.com/celtics. Consultado o 21 de setembro de 2012. 
  3. "Keyon Dooling opts to retire". bostonglobe.com. Consultado o 21 de setembro de 2012. 
  4. Grizzlies sign Keyon Dooling

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar