Corey Maggette

baloncestista estadounidense

Corey Antoine Maggette, nado o 12 de novembro de 1979 en Melrose Park, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto que actualmente é axente libre e xoga na posición de aleiro.

Corey Maggette
Axente libre
Posición Aleiro
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 12 de novembro de 1979 (44 anos)
Melrose Park, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 102 kg (223 lb)
Información da carreira
Instituto Fenwick, Illinois
Universidade Duke
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 13
Por Seattle SuperSonics
Carreira dende 1999
Historial de equipos
Orlando Magic (1999–2000)
Los Angeles Clippers (2000–2008)
Golden State Warriors (2008–2010)
Milwaukee Bucks (2010–2011)
Charlotte Bobcats (2011–2012)
Detroit Pistons (2012–2013)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Universidade editar

Procedente do Insituto Fenwick en Oak Park, Illinois, Maggette asistiu á Universidade de Duke, onde estivo unha tempada na que fixo 10,6 puntos e 3,9 rebotes por partido. Esa tempada, os Blue Devils chegaron á final da NCAA liderados por Elton Brand, actual compañeiro de equipo de Maggette, aínda que perderon ante UConn Huskies.

NBA editar

Maggette foi seleccionado na posición 13ª polos Seattle SuperSonics no Draft da NBA de 1999, sendo inmediatamente traspasado a Orlando Magic. Nos Magic só pasou unha tempada, facendo 8,4 puntos e 3,9 rebotes por partido, antes de fichar por Los Angeles Clippers, o seu actual equipo.

Nos Clippers converteuse nun xogador moi respectado na liga, chegando a superar os 20 puntos de media en dúas tempadas consecutivas e liderando ao seu equipo en varios apartados estatísticos. A súa mellor campaña foi a de 2004-05, na que tivo unha media de 22,2 puntos, 6 rebotes e 3,4 asistencias en 36,9 minutos de xogo. Coñecido polas súas excelentes condicións atléticas e o seu excelente salto, participou no concurso de mates de 2001. O 10 de xullo de 2008 fichou polos Golden State Warriors coma axente libre. O 22 de xuño de 2010, Maggette foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Charlie Bell e Dan Gadzuric.

O 26 de xuño de 2012, Maggette foi traspasado aos Detroit Pistons a cambio de Ben Gordon e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[1]

Notas editar

  1. "Pistons trade Gordon to Bobcats for Maggette". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar