Junín, Cundinamarca

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Junín, cuxo nome indíxena é Chipazaque, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Guavio, a 103 km de Bogotá. Antecesor da actual vila de Junín foi o aborixe de Chipazaque, que debía o seu nome a que esta zona compartía os seus dominios entre o Zipa e o Zaque. O poboado estivo situado inicialmente preto de Pauso, na parte baixa da hondonada do Val de Gachetá.

Modelo:Xeografía políticaJunín, Cundinamarca
Imaxe

Localización
Mapa
 4°47′25″N 73°39′48″O / 4.7903, -73.6633Coordenadas: 4°47′25″N 73°39′48″O / 4.7903, -73.6633
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.720 Editar o valor em Wikidata (25,88 hab./km²)
Xeografía
Superficie337 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.762 m Editar o valor em Wikidata
Creación1550 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata

Páxina webjunin-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O topónimo «Chipazaque» quere dicir, en muysccubun (lingua muisca), «o noso pai o Zaque», segundo Miguel Triana, ou «unión do Zipa e o Zaque», segundo Acosta Ortegón.

Historia editar

Non se coñece a data exacta da fundación do concello de Junín; porén algúns historiadores sitúan este acontecemento o 13 de agosto de 1550. Antecesor da actual vila de Junín foi a aborixe de Chipazaque, situada preto de Pauso, na parte baixa da hondonada do Val de Gachetá. Chipazaque formouse en torno da Igrexa que mandou facer o oidor Luis Enríquez o 14 de maio de 1600 ó oficial albanel Domingo Pérez.

Este territorio foi habitado polos indíxenas chíos, grupos mámbita e suraguas. Dende tempos anteriores á conquista as vilas que anteriormente integraban o cacicado de Guatavita atopábanse subordinados politicamente ó Zipa. Á chegada dos españois, o dominio do Zipa estendíase de sur a norte dende Tibacuy, Pasca e Quetame até Saboyá; polo nordés chegaba até Chocontá, Ubaté e Fúquene; de oeste a leste estendíase dende Facatativá, Zipacón e Tena até Gachalá. Chipazaque, hoxe Junín, fixo parte da encomenda de Francisco Vanegas confirmando a proximidade dos indíxenas chíos ás vilas anterioirmente mencionadas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar