Fúquene
Fúquene é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Ubaté, a 116 km de Bogotá.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamento | Cundinamarca ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 90 km² ![]() | |||
Altitude | 2.750 m ![]() | |||
Creación | 1638 ![]() | |||
Sitio web | fuquene-cundinamarca.gov.co ![]() |
Toponimia
editarO topónimo Fúquene provén de dous vocábulos do muysc cubun (lingua muisca), Fo e Quyny, que queren dicir «leito da raposa» ou «leito do deus Fo, ou Fu», a quen se lle rendía culto na illa grande da lagoa de Fúquene, que en época da conquista española serviu de como refuxio indíxena.
Historia
editarA finais do século XVI, os indíxenas muiscas da rexión vivían en tres rancherías, Fúquene, Nemoga e Coba.
Fúquene foi fundado en 1542 por Teresa de Verdugo, unha das poucas mulleres fundadoras de Colombia. O 2 de agosto de 1600, o visitador oidor Luis Enríquez ordena en Cucunubá poboar as terras dos indios de Fúquene e Nemoga no sitio de Guavachoquebita, no que se fundaba a nova vila de Simijaca, para o que se comisionou a Juan López de Linares como xuíz poboador; así o fixo constar o día 11 dese mes, ó notificar a súa comisión ó encomendeiro e capitáns, indicándolles como debían poboar e pasar o pobo de Simijaca ó sitio sinalado polo oidor, nun prazo de oito días.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fúquene |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 16 de xuño de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)