Pasca

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Pasca é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca, coñecido polo seu museo arqueolóxico e pola Balsa muisca de ouro atopada nas súas terras (exhibida no Museo do Ouro de Bogotá). Atópase no Altiplano Cundiboyacense a unha distancia de 71 km da capital do país, Bogotá. Ten fronteira cos concellos de Fusagasugá, Sibaté e Soacha polo norte, Bogotá D.C. polo norte e leste, Arbeláez polo sur e Fusagasugá polo oeste.

Modelo:Xeografía políticaPasca

Localización
Mapa
 4°18′27″N 74°18′03″O / 4.3075, -74.3008Coordenadas: 4°18′27″N 74°18′03″O / 4.3075, -74.3008
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
ProvinciaSumapaz Province (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie264,24 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.180 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorJuan de Céspedes Ruiz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1537 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata

Páxina webpasca-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O municipio antes da chegada dos españois era territorio dos muiscas e o seu nome en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «cercado do pai». Foi fundado en 1571 na expedición de Juan de Céspedes enviado por Gonzalo Jiménez de Quesada. Neste sector habitaban os pascas, pero o pobo atopábase situado nun sitio diferente do actual.[1]

Historia editar

Pasca foi explorada en 1537 por Juan de Céspedes, nunha expedición enviada por Gonzalo Jiménez de Quesada.

O 24 de decembro de 1928, Carlos García e Enrique Liévano levan á vila os dous primeiros carros tirados por bois. Entre 1937 e 1940 créase a primeira empresa de transportes, a frota Unida.

En 1969 é atopada a Balsa muisca en ouro, que representa o ritual de El Dorado.[2][3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar