Abrir o menú principal

Juan Rovira Tarazona

Juan Rovira Tarazona, nado en Lleida o 5 de maio de 1930 e finado o 3 de xuño de 1990, foi un xurista e político español.

Juan Rovira Tarazona
Nacemento5 de maio de 1930
 Lleida
Falecemento3 de xuño de 1990
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxurista, avogado e político
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Fillo do que foi Alcalde de Lleifa e deputado pola Lliga Rexionalista, asasinado o comezo da guerra civil española, Joan Rovira i Roure. Licenciado en Económicas e Dereito pola Universidade de Madrid, gañou por oposición a praza de avogado do Estado. Durante o franquismo ocupou cargos de importancia no Ministerio de Facenda, chegando a subsecretario desde 1971 a 1973. Fundou o partido político Acción Rexional Estremeña que se integraría máis tarde na Unión de Centro Democrático. Foi elixido deputado polas listas deste último partido para o Congreso dos Deputados en 1977 e mantivo a reelección até 1982 cando a formación política se desintegrou. Máis tarde integrouse na entón Alianza Popular da man de Manuel Fraga Iribarne, sendo elixido de novo deputado pola Circunscrición electoral de Alacant na III Lexislatura.

Na I Lexislatura despois de aprobada a Constitución Española, foi nomeado Ministro de Sanidade e Seguridade Social por Adolfo Suárez, destacando que regulou a doazón para transplante de órganos por vez primeira en España. Cesado en 1980, pasou a ser Delegado do Goberno en Cataluña.

Véxase taménEditar