Joan Rovira i Roure
político español
Joan Rovira Roure, nado en Barcelona o 5 de decembro de 1899 e finado en Lleida o 27 de agosto de 1936[1], foi un avogado do Estado e político español executado ao comezo da guerra civil española[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1899 Barcelona, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (36 anos) Lleida |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Lleida | |
1935 – 1936 | |
Deputado do Parlamento de Cataluña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Barcelona |
Ocupación | político |
Partido político | Lliga Regionalista |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Juan Rovira Tarazona |
Pai | Joan Rovira i Agelet (pt) |
Traxectoria
editarJoan Rovira Roure foi un avogado do Estado e político da Lliga Rexionalista que nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932 foi escollido deputado para o Parlamento de Cataluña pola demarcación de Lleida.
Durante a Segunda República Española, Rovira foi alcalde de Lleida desde 1935. Por este motivo foi detido e xulgado de forma irregular por un tribunal popular o 18 de agosto de 1936. Condenado á morte, foi fusilado o 27 de agosto de 1936 en Lleida.[3]
Foi o pai do tamén político Juan Rovira Tarazona.
Notas
editar- ↑ "Martyrs of the Religious Persecution during the Spanish Civil WAR († 1934, 36-39)". hagiographycircle.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2018.(en inglés)
- ↑ "De 1936 a 1975: estudis sobre la Guerra Cívic i el franquisme", Albert Manent, Ed. Publicacions de l'Abadia de Montserrat (1991), páXina 44.
- ↑ La Razón, ed. (6/1/2018). "Joan Rovira i Roure, el alcalde de Lérida fusilado por organizar la Cabalgata de Reyes en 1936" (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2018.