Joseph Twisleton Wykeham Fiennes, nado o 27 de maio de 1970 en Salisbury, é un actor inglés de cine, teatro, televisión e voz.

Joseph Fiennes
Nacemento27 de maio de 1970 e 1970
LugarSalisbury
NacionalidadeReino Unido
Educado enGuildhall School of Music and Drama e Bishop Wordsworth's Church of England Grammar School
PaiMark Fiennes
NaiJennifer Lash
Profesiónactor, actor de cinema, actor de dobraxe, actor de teatro, director de cinema, produtor de cinema e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm0001212 Allocine: 21359 Rottentomatoes: celebrity/joseph_fiennes Allmovie: p239372 TCM: 352385
Musicbrainz: acb66207-7266-4654-9e43-315e6c800d25 Discogs: 3242127 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É fillo da novelista Jennifer Lash e do fotógrafo Mark Fiennes, e irmán do tamén actor Ralph Fiennes. Tamén é primo terceiro do explorador Ranulph Fiennes.

É coñecido sobre todo polo teatro (traballou para a Royal Shakespeare Company) e por interpretar o propio Shakespeare en Shakespeare in Love (1998), película que obtivo 13 nomeamentos nos Óscar dos que gañou sete, incluído "Mellor Filme".

Coprotagonizou xunto a Jude Law a película Enemy at the Gates (2001), onde interpretou a Danilov, un comisario político de segunda clase asignado a Stalingrado. Un ano despois traballou en Killing Me Softly e en 2003 foi o protagonista de Luther. En 2004 protagonizou The Merchant of Venice.

En televisión foi o protagonista da serie Flashforward (2009-2010).

Joseph Fiennes formou parte do elenco de American Horror Story para a súa segunda tempada, Asylum, que se estreou nos Estados Unidos o 17 de outubro de 2012. Xunto a Jessica Lange, Adam Levine, Zachary Quinto e Evan Peters, entre outros.

En 2017 interpretou a Fred Waterford na serie de televisión The Handmaid's Tale, baseada no libro O conto da criada da autora Margaret Atwood.

Filmografía editar

Cine editar

Televisión editar

Vida privada editar

Está casado coa modelo suíza María Dolores Diéguez, con quen ten dous fillos. A orixe galega da familia Diéguez leva a que o actor visite con frecuencia Trives, onde ten unha casa.[1]

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "Joseph Fiennes Ourense". ABC. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2015. .

Ligazóns externas editar