Evan Peters
Evan Thomas Peters, nado en St. Louis o 20 de xaneiro de 1987 é un actor estadounidense. Alén de interpretar unha gran variedade de personaxes en filmes e series televisivas, é máis coñecido por participar na serie de FX, American Horror Story.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1987 (37 anos) St. Louis, Estados Unidos de América |
Educación | instituto de educación secundaria Burbank High School (en) Grand Blanc Community High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | aviador, actor de cinema, actor de televisión, modelo |
Período de actividade | 2022 - |
Familia | |
Parella | Halsey (2019–2020) Emma Roberts (2012–2019) |
Premios | |
| |
|
Eventualmente, e entre os seus roles máis salientables, interpretou a Pietro Maximoff/Quicksilver no filme X-Men: Days of Future Past e X-Men: Apocalypse, a Alex en Adult World; e en series como Phil of the Future e Invasión a Seth Wosmer e Jesse Varon, respectivamente. En 2004 fíxose acredor do premio á mellor actuación revelación no Phoenix Filme Festival, polo seu papel protagonista de Adam Sheppard en Clipping Adam.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarEvan Peters naceu o 20 de xaneiro de 1987 en St. Louis, Estados Unidos, fillo de Julie e Phil Peters, e irmán de Andrew e Michelle Peters.[1][2] Durante a súa infancia e adolescencia, asistiu a unha escola primaria católica e á Grand Blanc High School.[2][3] En 2001, a súa familia mudouse a Grand Blanc, Míchigan, onde Peters comezou a practicar o modelaxe e a tomar clases de actuación.[2] Posteriormente trasladouse xunto á súa nai ós Ánxeles co fin de iniciar unha carreira como actor.[1] Aínda así seguiu estudando na Burbank High School, aínda que despois comezaría a ser educado en casa.[2]
Ó redor de 2004, o produtor Michael Picchiottino seleccionou a Peters para que protagonizase o filme Clipping Adam, baixo o papel de Adam Sheppard.[4] Dita participación fíxoo acredor do premio a Mellor actuación revelación no Phoenix Filme Festival de 2004.[5] Seguidamente, comezou a aparecer en comerciais para PlayStation, Papa John's Pizza, Kellogg's, entre outros. En xullo estreouse o filme Sleepover, onde interpretou a Russell Hayes;[6] así como a serie de televisión The Days, onde fixo a Cooper Day.[7] Durante a primeira tempada de Phil of the Future, realizou o personaxe de Seth Wosmer, e de Jesse Varon na serie de ciencia ficción Invasión.[5][8]
Proxectos maiores e American Horror Story
editarEntre 2007 e 2008, Peters cubriu diversos roles en filmes como An American Crime, Gardens of the Night e Never Back Down.[9] Eventualmente, deu vida a Jack Daniels, un papel recorrente na serie de televisión de drama xuvenil One Tree Hill. Así mesmo, apareceu en múltiples programas como The Mentalist, House, The Office, Monk, entre outros.[10] En 2010, personificou a Todd Haynes, un rol menor no filme Kick-Ass.[10]
En 2011, Peters conseguiu un dos papeis protagonistas na primeira tempada da serie antolóxica de terror de FX American Horror Story, como o asasino sociópata adolescente, Tate Langdon.[11] Para a segunda, terceira e cuarta tempada, Peters fixo a Kit Walker, Kyle Spencer e Jimmy Darling, respectivamente.[11] Interpretar o primeiro destes, deulle un nomeamento aos Premios Satellite na categoría de Mellor actor nunha serie, miniserie ou filme de televisión.[12] En abril de 2015, o creador da serie, Ryan Murphy, anunciou que Peters volvería para a quinta tempada da serie, Hotel, baixo o rol de James March.[11][13] En 2016 interpretaría a Rory e como Edward Phillipe Mott en My Roanoke Nightmare. En 2017 volvio a American Horror Story na tempada Cult onde interpreto múltiples papeis.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 CBS Interactive (ed.). "Evan Peters - BIOGRAPHY". TV Guide (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xuño de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Rauschert, Jeff (18 de marzo de 2008). "Young Grand Blanc Township actor Evan Peters finds full-time acting work". The Flint Journal (en inglés). Booth Newspapers. Consultado o 4 de xuño de 2015.
- ↑ Murray, Rebecca. About Entertainment, ed. "Interviews with Sean Faris and Evan Peters from "Sleepover"" (en inglés). IAC. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xuño de 2015.
- ↑ The New York Times (ed.). "Clipping Adam (2004)" (en inglés). The New York Times Company. Consultado o 4 de xuño de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 Television New Zealand (ed.). "INVASION | Evan Peters" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2015.
- ↑ Rotten Tomatoes (ed.). "SLEEPOVER (2004)" (en inglés). Flixster. Consultado o 5 de xuño de 2015.
- ↑ Heffernan, Virginia (17 de xullo de 2004). The New York Times, ed. "TELEVISION REVIEW; Days of Reckoning For, Yes, the Day Family" (en inglés). The New York Times Company. Consultado o 5 de xuño de 2015.
- ↑ TV.com (ed.). "PHIL OF THE FUTURE CAST" (en inglés). CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2015.
- ↑ AllMovie (ed.). "Evan Peters | Filmography" (en inglés). AllMedia Networks. Consultado o 5 de xuño de 2015.
- ↑ 10,0 10,1 Abidor, Jen (16 de xullo de 2014). Beamly, ed. "Evan Peters Has Secretly Been In Everything You’ve Ever Watched" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Zamora, Andrea (26 de abril de 2015). Sensacine, ed. "‘American Horror Story: Hotel’: Evan Peters estará en la quinta temporada". Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ International Press Academy (ed.). "2012" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ Smith, C. Molly (12 de xullo de 2015). "Cast reveals American Horror Story: Hotel character names at Comic-Con". Entertainment Weekly (en inglés). Time Inc. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evan Peters |
Ligazóns externas
editar- Evan Peters na IMDb (en inglés).