Volgogrado

(Redirección desde «Stalingrado»)

Coordenadas: 55°45′N 37°37′L / 55.750, -37.617

Volgogrado[Cómpre referencia] (en ruso, Волгоград; Volgograd Ru-Volgograd.ogg /vɐlɡəˈɡrat/ ) é unha cidade situada na Federación Rusa e antigamente chamada Tsaritsyn entre 1598 e 1925 e Stalingrado entre 1925 e 1961. Está situada no óblast homónimo, na confluencia dos ríos Volga e Tsaritsa. As súas orixes remóntanse á creación dun centro de apoio ao comercio fluvial nas marxes altas do río Volga e para establecer unha cidade fronteiriza na o norte do Cáucaso. Alcanzou a fama e o recoñecemento mundial por ser sitio dunha das máis cruentas batallas da segunda guerra mundial, a batalla de Stalingrado, na cal soldados soviéticos resistiron heroicamente os intentos de conquista por parte das forzas nazis entre xuño de 1942 e febreiro de 1943, a un altísimo custo de vidas humanas.

Volgogrado
Волгоград
Flag of Volgograd.svg
Coat of arms of Volgograd city.svg
Volgograd Montage 2016.png
Imaxes da cidade
Localización
Rusia (Europa)
Volgogrado
Volgogrado
PaísRusia Rusia
Xeografía
Altitude12 a 156 msnm
Superficie859,353 km² km²
Demografía
Poboación1.017.985 hab. (2014)
Densidade1184,59 hab./km²
Outros datos
Código postal400001 - 400138
AlcaldeRomán Grebennikov
www.volgadmin.ru Páxina Oficial

HistoriaEditar

 
A cidade en 1623

Fundada en 1589 co nome de Tsaritsyn que foi tomado do río Tsaritsa (do tártaro Sary Su, Auga Amarela). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos cosacos en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do Volga.

Durante a guerra civil rusa a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser Stalin quen a conquistou para o Exército Vermello nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.

Durante a segunda guerra mundial (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia[Cómpre referencia], a batalla de Stalingrado. Esta foi un episodio decisivo na Segunda Guerra Mundial tanto para o sostemento da resistencia da Unión Soviética contra o Exército de Adolf Hitler, como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.

A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "Cidade Heroica" en 1945, ademais recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, dunha espada especialmente confeccionada para o efecto por orde do rei do Reino Unido Xurxo VI. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamado Mamaev Kurgan, no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, tales como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da película Inimigo ás portas.

Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal[Cómpre referencia].

Véxase taménEditar